Montbau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parada de autobús do campus de Mundet
Edificio de Mediodía: Facultade de Pedagoxía e Facultade de Formación do Profesorado

Montbau é un barrio do distrito de Horta-Guinardó, na cidade de Barcelona. Atópase ao pé da serra de Collserola, por encima da Ronda de Dalt e o Paseo Vall d'Hebron. Crese que o nome do barrio provén dunha deformación da torre de Gombau.

En 1956 foi cando se empezou a urbanizar a zona, que sempre había estado pouco habitada, para acoller a inmigración que chegaba a Barcelona. O Padroado Municipal da Vivenda encargou o proxecto dunhas 1.300 vivendas seguindo a liña urbanística racionalista do CIAM; a segunda fase dobrou a densidade que se previu inicialmente.

Na parte oriental do barrio localízase o campus de Mundet, onde estaban os antigos Fogares Mundet, que constituían unha entidade de carácter benéfico e que dan nome ao campus. No campus atópanse as facultades de Psicoloxía e Pedagoxía da Universidade de Barcelona, unha residencia xeriátrica e centros escolares.

Tamén se atopa o Palau de les Heures, edificación novecentista e con aires de castelo francés que data de 1895 e que está rodeado de xardíns.

Na parte occidental localízase a cidade sanitaria da Seguridade Social, o Hospital Universitario Vall d'Hebron, o Hospital San Rafael e o CAP (centro de atención primaria) San Rafael, un conxunto dos maior e mellor dotados equipamentos de Cataluña e España.