Casa circular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fogar castrexo circular reconstruído no castro de Santa Trega, A Guarda, Galicia.
Reconstrución de vivendas no Castro de Vigo, Galicia.

Unha casa circular (roundhouse en inglés) é un tipo de construción, xeralmente vivenda, cunha planta circular ou arredondada, orixinalmente construídas na Europa atlántica, usando paredes feitas en pedra ou de madeira e barro, e un típico colmado cónico coma cuberta. O diámetro destas construción vai dende diámetros de menos de 5 metros até casas de máis de 15 metros. Nos últimos tempos púxose de moda nalgúns países desenvolvido a construción de eco-vivendas circulares usando técnicas con materiais ecolóxicos como colmo, arxila, madeira e palla. En Galicia as vivendas circulares foron moi abundantes nos castros, incluso trala chegada dos romanos que introduciron a planta cadrada. A herdanza deste tipo de construción mantívose nalgúns lugares até comezos do século XXI, sendo o exemplo máis claro a palloza das serras orientais. As construción prerromanas circulares foron tamén frecuentes en todo o litoral atlántico europeo, relacionándose coa cultura celta e precelta. Existen casas circulares noutras partes do mundo, como en África.

Europa[editar | editar a fonte]

Gran Bretaña[editar | editar a fonte]

As casas circulares eran o modelo estándar de construción na Gran Bretaña dende a Idade de Bronce, en toda a Idade de Ferro e até ben entrada a romanización das illas. Para a construción das paredes empregábase cachotaría de pedra ou postes de madeira unidos con paneis feitos de ripas de madeira e barro (wattle-and-daub). As cubertas arranxábanse con colmados cónicos. En Escocia atopamos exemplos destes tipos de casas con diferentes tipoloxías: as atlantic roundhouses, brochs ou as wheelhouses. Pódense atopar aínda restos de poboados de casas circulares da Idade de Bronce espallados en uceiras abertas como na zona de Dartmoor (sur de Inglaterra), da mesma tipoloxía ca os castros galaicos.

A maior parte do que se asume acerca destas estruturas deriva da disposición dos foxos dos poste de pedra empregados na súa construción, aínda que se atoparon restos de madeira conservados nalgunhas turbeiras, que demostran a construción de casas circulares con teitos cónicos, pois son as formas máis eficientes de construción primitiva.

Peter J. Reynolds (arqueólogo británico) tamén demostrou que, aínda que unha lareira central tería existido no interior para quentar a estancia e cociñar, non existiría porén un buraco no cume para a saída do fume, pois isto causaría que se xerase unha corrente ascendente de ar con muxicas que prenderían axiña no colmo. Pola contra, o fume sairía aos poucos entre a palla coma ocorría nas pallozas e nas casas tradicionais humildes galegas, que adoitaban carecer de cheminea.[1]

No Reino Unido téñense reconstruído moitas destas casas.

Nas Illas Británicas estanse a construír novos deseños de casas circulares con balas de palla e teitos verdes de xeito que sexan sustentábeis. En Gales construíuse unha vivenda chamada That Roundhouse, que é un bo exemplo de construción circular sostíbel baseada na permacultura, feita cunha estrutura de madeira de abeto de Douglas e cuberta de turba.[2].

Irlanda[editar | editar a fonte]

Unha réplica de cabana circular no Irish National Heritage Park, Irlanda.

Os crannógs irlandeses atópanse en Craggaunowen, no Condado de Clare; the Irish National Heritage Park, in Wexford, Ireland

Galicia e Asturias[editar | editar a fonte]

Son as construcións que abranguen a rexión da antiga Gallaecia (cultura castrexa) e do antigo Reino de Galiza (noroeste da Península Ibérica).

Pallozas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: palloza.
Palloza nas montañas de Galicia.

A palloza é unha vivenda tradicional con colmado que se atopa na Serra dos Ancares. Son de planta circular ou oval, e sobre 10 ou 20 metros de diámetro, construídas para aturar as duras condicións invernais da montaña galaica (altitude duns 1,200 metros). As últimas foron abandonadas na última década do século XX, polo que son o último vestixio vivo de vida en casas circulares na Europa atlántica, herdanza das vivendas prerromanas.

As paredes son de pedra, e internamente atopamos separacións para a familia e o gando. O teito é cónico, feito de colmo sobre un enlatado de madeira que apoia nunha estrutura complexa de trabes e cangos. A lareira carece de cheminea, polo que o fume ten que saír entre a palla do colmado.

Ademais de ser vivenda e corte, a palloza ten o seu propio forno de pan, o tear, e incluso nela traballábase a madeira (carpintaría), o metal (ferraría) e as peles (curtidoiro). Só a parella máis vella da casa tiña o seu propio cuarto, que partillaba cos máis novos. O resto da familia durmía no chan do sollado en leitos de feo.

Castros[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura castrexa.

Outros[editar | editar a fonte]

Noutras zonas de Europa atópanse construcións circulares antigas, coma o trullo italiano de Apulia, ou algúns exemplos noutras zonas de España. Porén moitas destas construción non sempre son circulares ou teñen as cubertas pétreas, polo que terían unha orixe diferente ás atlánticas.

África[editar | editar a fonte]

Vila de Nakpanduri, ao norte de Ghana.

En África podemos atopar casa circulares en varios países subsaharianos, dende Mauritania a Suráfrica,[3] En Suráfrica coñécense coa verba africáner de rondavel.

Oceanía[editar | editar a fonte]

Raun Haus, Papúa Nova Guinea[editar | editar a fonte]

As casas circulares aínda se usan en Papúa Nova Guinea e son moi semellantes ás da Europa Occidental.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aston, Mick (2001-10-05). "Peter Reynolds: archaeologist who showed us what the Iron Age was really like (obituary)". The Guardian (Londres). 
  2. "Secret village to be pulled down". BBC News. 1998-10-23. Consultado o 2009-04-12. 
  3. Eric Rosenthal (1961–1978). Encyclopaedia of Southern Africa. Londres: F. Warne. p. 35. ISBN 0-7232-1487-5. 
  4. "Raun Haus / Round Haus en Papúa Nova Guinea". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]