Significante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En semiótica e en lingüística, o significante é a imaxe acústica que, unida ó significado, constitúe o signo lingüístico

A forma e a substancia do plano da expresión[editar | editar a fonte]

Estruturalismo[editar | editar a fonte]

O primeiro en profundar no concepto de signo lingüístico foi Ferdinand de Saussure, quen indicou que o que o signo lingüístico une non é unha cousa e un nome, senón un concepto (significado) e unha imaxe acústica (significante). O signo é unha entidade psíquica de dúas caras que presenta estes dous elementos intimamente unidos. No seu Curso de lingüística xeral, traduciu os termos utilizados con anterioridade polos pensadores do século XIX: Sinn (significante) e Bedeutung (significado).

Non se trata de entidades separadas, senón dunha relación que vai desde diferenzas significantes en son a potenciais denotacións diferenciais. Non se deben tomar os significantes como algo que se pode pronunciar frente aos significados como cousas no mundo.

Glosemática[editar | editar a fonte]

Na teoría da glosemática, elaborada por Hjemslev pártese de dúas afirmacións saussurianas:

Hjemslev desenvolveu a teoría do signo de Seaussure, denominando ó nivel dos significantes plano da expresión e ó nivel dos significados plano do contido, e recoñecendo en cada un deles unha forma e unha substancia.

No plano da expresión, Hjemslev denomina substancia da expresión ó material fónico bruto do que se ocupa a fonética. A forma da expresión é, polo tanto o sistema fonolóxico en que se diferencian unidades pertinentes ou fonemas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]