Ildefons Cerdà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Cerdà, realizado por Ramón Martí Alsina en 1878.

Ildefons Cerdà i Sunyer, nado en Centelles (Barcelona) o 23 de decembro de 1815 e finado en Las Caldas del Besaya (Cantabria) o 21 de agosto de 1876, foi un enxeñeiro, urbanista, xurista, economista e político español.

Home polifacético, escribiu a Teoría xeral da urbanización, obra pioneira da especialidade, pola cal considéraselle un dos fundadores do urbanismo moderno. O seu proxecto máis importante foi a reforma urbanística da Barcelona do século XIX mediante o Plan Cerdà, co que creou o actual barrio do Eixample.[1] Cerdà non foi un triunfador; concentrado meticulosamente no seu traballo, tivo problemas familiares, o seu proxecto de ensanche nunca foi ben visto polos estamentos locais e acabou arruinado, pois o Estado español e o Concello de Barcelona non lle pagaban os honorarios que lle debían. Houbo de pasar un século para que se recoñecese o seu legado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Institut Cerdà. "Biografia". http://www.icerda.es/index.php?subj=14&lang=1. Consultado o 30 de outubro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ildefons Cerdà