Zapata
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Zapata (homónimos).
Unha zapata é un tipo de cimentación superficial, que pode ser empregada en terreos razoablemente homoxéneos e de resistencias a compresión medias ou altas. Consiste nun ancho prisma de formigón situado baixo os piares da estrutura. A súa función é transmitirlle ao terreo as tensións ás que está sometido o resto da estrutura e ancorala.
Cando non é posible empregar zapatas debe recorrerse á cimentación por estacas ou placas de cimentación.
Tipos de zapatas [editar]
Existen varios tipos de zapatas en función de se servirán de apoio a un ou varios piares ou ben a muros. Para piares individuais úsanse zapatas illadas, para dous piares, zapatas combinadas, e para fileiras de piares ou muros, zapatas corridas.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- "Detalles construtivos" (en castelán). http://detallesconstructivos.cype.es/CSZ.html. Consultado o 24 de abril de 2010.