Den

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Den: tablilla epónima

Den, ou Udimu, foi o quinto faraón da primeira dinastía de Exipto de c. 2914-2867 adC (von Beckerath).

Manetón denomínao Usafais, segundo Xulio Africano e Eusebio de Cesarea e atribúenlle 20 anos de reinado. Aínda que Kaplony cre que puido chegar ata 45 anos.

  • A Pedra de Palermo menciona que baixo o seu reinado houbo un empadroamento xeral do país e numerosas festas relixiosas.
  • Do mesmo xeito que os seus predecesores realizou numerosas expedicións bélicas, especificamente contra as tribos nómades do Sinaí.
  • Atopáronse numerosos obxectos na súa tomba, incluíndo unha tablilla onde aparece cumprindo ritos relixiosos destinados a repetir a coroación, Heb Sed, e xa que logo, renovar o poder real.

Dreyer atopou na tomba T de Umm el-Qaab, Abidos, unha inscrición cos nomes de Narmer, Aha, Djer, Djet, Den e Meit-Neit, e nesa orde, confirmando a nomenclatura e sucesión destes faraóns.

Construcións[editar | editar a fonte]

Son asignadas a Den tres edificacións en Saqqara e unha en Abidos.

  • A tomba 3035, a maior tomba real datada no período predinástico.
  • A tomba 3036, posíbelmente a dunha raíña.
  • A tomba 3506.
  • A tomba T, onde foi enterrado, na necrópole de Umm el-Qaab, en Abidos. O chan da súa tumba está pavimentado con granito vermello, sendo a primeira vez en Exipto que esta dura pedra úsase como material de edificación.

Testemuños da súa época[editar | editar a fonte]

Casiña de marfil atopada nunha tumba de Abu Roash (preto do Cairo) da época do rei Den. Museo do Louvre
  • Tumba T en Abidos (a tumba do rei).
  • Inscricións e impresións do selo da tumba 3035 en Saqqara (Emery).
  • Impresións do selo da tumba 3036 (dono quizais un funcionario chamado Anjka) en Saqqara (Emery).
  • Impresións de selo da tumba 3038 en Saqqara (Emery).
  • Inscricións da tumba 3504 en Saqqara (Emery).
  • Impresións de selo da tumba 3506 en Saqqara (Emery).
  • Impresións e inscricións do selo da tumba 3507 en Saqqara (Emery).
  • Impresións de selo da tumba X en Saqqara (Emery).
  • Inscrición en tinta nun tarro e de selo dun cemiterio en Saqqara (Macramallah).
  • Inscricións de selo de tumbas en Abu Roash (Montet).
  • Impresións de selo de Helwan (Saad).
  • Fragmento de tableta de madeira, co nome Semty, Abidos, UC 36720 (Museo Petrie).
  • Aixola de cobre co nome de Dyer, tumba 461, Abidos, UC 16172 (Museo Petrie).

O papiro máis antigo coñecido está en branco, e descubriuse na tumba de Hemaka, o visir do faraón Den, na necrópole de Saqqara.

Predecesor:
Djet
Faraón
Primeira Dinastía
Sucesor:
Anedjib