Viga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha viga simplemente apoiada na cal é aplicada unha carga uniformemente distribuída ao longo do seu van.

Unha viga ou trabe é un elemento estrutural das edificacións. A viga soporta principalmente esforzos en forma de momentos flectores e é xeralmente usada no sistema laxe-viga-piar para transferir os esforzos verticais recibidos da laxe para o piar ou para transmitir unha carga concentrada, no caso de que sirva de apoio a un piar.

As edificacións basicamente presentan tres tipos de vigas, que difiren na forma en que contactan cos seus apoios:

  • Viga en balanzo ou en consola: é unha viga cun só apoio. Toda a carga recibida se transmite a un único punto de fixación.
  • Viga biapoiada ou simplemente apoiada: dise das vigas con dous apoios, que poden ser simples ou engastados, xerándose vigas do tipo simplemente apoiadas, vigas con apoio simple e engaste, ou vigas biengastadas.
  • Viga continua: dise da viga con múltiples apoios.

As viga feitas en formigón armado son dimensionadas de forma que sexa a súa ferralla lonxitudinal o que resista os esforzos de tracción, non tendo en conta a resistencia á tracción do formigón, por ser esta moi baixa. As vigas de formigón armado reciben unha ferralla secundaria distribuída transversalmente ao longo da viga denominada estribos. Posúen a finalidade de levar até os apoios as forzas cisallantes.

En viadutos e en pontes comunmente as vigas son do tipo biapoiado. Os seus apoios son chamados libres. Así, a estrutura pode oscilar nos seus apoios, evitando a aparición de trincas e permitindo á estrutura oscilar co desprazamento das cargas móbeis recibidas, sen afectar a súa estabilidade.

Perfís[editar | editar a fonte]

Elementos obrigatorios no dimensionamento de estruturas simples ou complexas, as vigas posúen diferentes formas de sección, denominadas perfís. Os perfís mais utilizados son o perfil en "I" e o perfil en "T". Para sabermos o peso que pode ser aplicado nunha determinada viga, debemos facer o cálculo das tensións de cisallamento (corte). Para sabermos o momento que pode ser aplicado na viga, deberemos calcular o momento flector.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Cálculo de Concreto Armado V. 1 - Lauro Modesto dos Santos 1977.