Baserri
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baserri en Erregoiti, na provincia de Biscaia.
Un baserri é un casarío típico do hábitat rural de Euskadi, Iparralde e boa parte de Navarra.
Características[editar]
Feito en pedra, como casa illada, pode acadar os 15 metros de altura. Neles adoitaban vivir todos os membros da familia, xunto co gando e as colleitas, que se situaban en dependencias no mesmo edificio. Polo xeral están pintados en branco cos marcos das fiestras e portas de cor vermella ou castaña[Cómpre referencia]. Moitos caseríos teñen o escudo familiar, ou escudo de armas na parte frontal da casa.