Casa de indianos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As casas de indianos trátanse de construcións típicas nas zonas de emigrantes a América. Aqueles que triunfaban enviaban cartos ó seu lugar de procedencia e construían casas dun estilo en boga na América naquel entón, que contrastan coas da súa contorna pola riqueza de construción e formas, e que comezaron a ser chamadas así polo nome dos emigrantes ás Américas, 'indianos'[1] os cales, en moitos casos actuaron como filántropos nas súas vilas natais, construíndo escolas, prazas, parques e restaurando as igrexas locais. Unha zona típica de casas de indianos é Ribadeo e a zona da Mariña Luguesa en xeral.
Índice |
[editar] Galería de imaxes
-
Vista do mercado de Ribadeo, edificio doado por un indiano
-
Torre dos Moreno, Ribadeo