Provincia de Río Negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Río Negro
Bandera de la Provincia del Río Negro.svg Escudo de Río Negro nuevo.JPG
Capital
poboación (ano)
Viedma
52.754 habitantes (2010)
Provincia de Río Negro (Argentina).svg
Gobernador Alberto Weretilneck (FPV-FG)
Superficie 203.013 km²
Poboación
Densidade
638.645 hab.(2010)
3,12 hab./km²
Xentilicio rionegrino/a

Río Negro é unha provincia arxentina situada no sur do país, ao norte da Patagonia. Dacordo coa constitución provincial os nomes Provincia del Río Negro e Provincia de Río Negro son igualmente correctos. Limita ao norte coa provincia de La Pampa, ao leste coa de Buenos Aires, a sur con Chubut e ao oeste coa provincia de Neuquén e (separada pola cordilleira dos Andes) con Chile. Os seus símbolos oficiais son o Himno a Río Negro, o Escudo de Río Negro e a bandeira da provincia de Río Negro. A súa capital é Viedma e a cidade máis poboada San Carlos de Bariloche.

División administrativa[editar | editar a fonte]

División departamental da provincia de Río Negro e a súa capital.

Territorialmente Río Negro atópase dividida en 13 departamentos, e estes en distritos. A Constitución provincial foi sancionada en 1958 e reformada en 1988.

Os departamentos inclúen á súa vez áreas de goberno local, denominadas municipios ou comisiones de fomento, segundo o caso. Estas utilizan o sistema de ejidos non lindeiros, polo que existen territorios non organizados nos espazos entre eles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Río Negro