Bartolomé Mitre
| Bartolomé Mitre | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Presidente de Arxentina | |||
| Período: | 11 de abril de 1862 - 11 de outubro de 1868 | ||
| Antecesor: | Juan Esteban Pedernera | ||
| Sucesor: | Domingo Faustino Sarmiento | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Período: | |||
| Antecesor: | |||
| Sucesor: | |||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 26 de xuño de 1821 | ||
| Lugar: | Bos Aires, Arxentina | ||
| Falecemento: | 19 de xaneiro de 1906 | ||
| Lugar: | Bos Aires, Arxentina | ||
| Organización: | Partido Liberal Unión Cívica Unión Cívica Nacional |
||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | Delfina Vedia de Mitre | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | foi tamén gobernador da Provincia de Bos Aires (1860-1862) | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | militar, xornalista e político | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Bartolomé Mitre Martínez (1821-1906) militar, xornalista e político, foi presidente de Arxentina entre 1862 e 1868. Foi tamén gobernador da provincia de Bos Aires entre 1860 e 1862.
Primeiros anos [editar]
Naceu na cidade de Bos Aires, na actual esquina de Suipacha e Peatonal Lavalle. Exiliouse no Uruguai, como outros opositores a Juan Manuel de Rosas, durante o goberno deste; actuou como soldado e xornalista no Uruguai, Perú, Chile e Bolivia. Atopábase neste último país en 1848, cando debeu desterrarse por causa da revolución; viaxaría ao Perú e logo a Chile, onde sería coredactor de Juan Bautista Alberdi, director do xornal El Comercio de Valparaíso. Nesa cidade, publica Manuel Blanco Encalada e Thomas Cochrane.
Máis tarde, escribiría en El Progreso, diario que creara Domingo Faustino Sarmiento, desde onde pregoou a indivisibilidade territorial da soberanía americana, defendeu o dereito de pensamento dos estranxeiros (sempre que non atentasen contra a soberanía dos países que os acollían) e a democracia nun sentido integral, e emprendeu campañas para mellorar social e economicamente ao pobo.
Volta a Arxentina [editar]
Regresou a Arxentina despois do derrocamento de Rosas, e liderou a rebelión da provincia de Bos Aires contra o sistema federal que a Constitución Arxentina de 1853, patrocinada por Justo José de Urquiza, impoñería; ocupou diversos cargos de relevancia no goberno provincial logo da secesión da provincia, ata que en 1859 foi derrotado militarmente por Urquiza, que buscaba reincorporar a Bos Aires á Confederación Arxentina.
Con todo, misteriosamente foi vencedor na batalla de Pavón (1861), despois que Urquiza se retirase case sen presentar batalla; Bos Aires reincorporaríase á Confederación, aceptando a Constitución de 1853 pero introducindo cambios que a beneficiaron na reforma de 1860.
En outubro de 1862 Mitre foi elixido presidente da Arxentina. Durante o seu mandato estendeuse o sistema ferroviario, organizou o exército, difundiu o ensino en todos os niveis, mellorou o servizo postal, organizou a Suprema Corte de Xustiza, saneou a moeda, regularizou a débeda pública, adoptouse o sistema métrico decimal e fundouse o crédito público. Ademais desenvolveuse a Guerra da Tripla Alianza, onde a Arxentina, aliada ao Brasil e o Uruguai invadiron ao Paraguai.
Mitre tamén foi o fundador do xornal La Nación, un dos diarios máis influentes da América Latina, que desde 1870 séguese a publicar e foi sempre dirixido polos seus descendentes.
En 1890, fronte á crise do goberno de Miguel Juárez Celman, formou parte da recentemente fundada Unión Cívica, da que logo se separaría a Unión Cívica Radical.
Os seus restos mortais descansan no Cemiterio da Recoleta, na cidade de Bos Aires.
| Presidente de Arxentina | ||
|---|---|---|
Segue a: Juan Esteban Pedernera |
Bartolomé Mitre | Precede a: Domingo Faustino Sarmiento |
| Partido Liberal Unión Cívica Unión Cívica Nacional |
||