Provincia de La Pampa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia da Pampa
Bandera de la Provincia de La Pampa.svg Arpampa.PNG
Capital
poboación (ano)
Santa Rosa
105.312 habitantes (2010)
Provincia de La Pampa (Argentina).svg
Gobernador Oscar Jorge (PJ)
Superficie 143.440 km²
Poboación
Densidade
316.940 hab.(2010)
2,21 hab./km²
Xentilicio pampeano/a

A provincia de La Pampa é unha das 23 provincias de Arxentina. Ten unha poboación de 316.940 habitantes (2010) e a súa capital é Santa Rosa. Limita ao oeste coa provincia de Mendoza, ao sur co río Colorado que a separa da provincia de Río Negro, ao leste coa de Buenos Aires e ao norte con San Luis e Córdoba. Os límites das provincias de La Pampa, Río Negro, Mendoza e Neuquén, atópanse nun punto, na intersección do río Colorado coa traza errónea do meridiano X Oeste de Buenos Aires (68º 15' O).

Trátase dunha das provincias máis novas do país, xa que foi recoñecida politicamente en 1952. Até ese ano foi un Territorio Nacional (Territorio Nacional de La Pampa), que debido á lei Nº 14037 sancionada na cámara de deputados, o Territorio Nacional de La Pampa, xunto ao Territorio Nacional del Chaco transformáronse en provincias pola promulgación de Juan D. Perón (entón presidente de Arxentina).

Ubícase no centro do país, contendo as últimas características da pampa húmida (cara ao noroeste), con signos distintivos da Patagonia cara ao oeste e sur, e entre eles unha gran franxa con orientación noroeste-sueste denominada «caldenal», zona que alberga bosques de caldén, unha árbore que conta nesta provincia co seu centro de dispersión mundial.

Goberno[editar | editar a fonte]

División administrativa[editar | editar a fonte]

A provincia atópase dividida en 22 departamentos, 58 municipios, 21 comisións de fomento e un ente comunal. Os municipios e comisións de fomento son independentes dos departamentos e en xeral abarcan territorios de máis dun, chegando nun caso a catro.

División administrativa da provincia de La Pampa e a súa capital.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]