Carlos Gardel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Gardel

Carlos Gardel (Tacuarembó ou Toulouse, 11 de decembro de 1890Medellín, 24 de xuño de 1935) foi o mais famoso dos cantantes do tango arxentino, país ao cal chegou aos dous anos de idade.

Exsiste controversia sobre o lugar do seu nacemento. Algúns sustentan que Gardel tería nacido no interior do Uruguai no departamente de Tacuarembó, baseándose nalgúns documentos e materiais xornalísticos da época. Outros din que Gardel tería nacido na cidade francesa de Toulouse como Charles Romuald Gardès, fillo de pai ignorado e de Berthe Gardès (1865-1943). Gardel era esquivo sobre o tema e cando lle preguntaban dicía: "Nacín en Bos Aires aos dous anos e medio de idade".

Cantante e actor célebre en toda a América Latina pola divulgación do tango. Iníciase como cantante ainda xoven co nome artístico de El Morocho, presentándose en cafés dos suburbios da capital arxentina. A súa primeira interpretación formal é no Teatro Nacional de Corrientes, no cal tamén se presenta Don José Razzano, con quen forma unha compañçia por varios anos. Pola sensualidade da súa voz, a cal se prestaba moi ben á interpretación da milonga – xénero precursor do tango – tornase coñecido a partir de "Mi noche triste" (1917).

Foi unha das primordiais influencias de Amália Rodrigues.

Índice

[editar] Carreira musical

Gravou máis de novecentas cancións, entre tangos, fox-trots, fados, pasodobles e musicas folclóricas, vendendo millares de discos na América Latina e Europa. Entre as súas interpretacións máis famosas están:

  • Mi noche triste (1917)
  • Desdén (1930)
  • Tomo y Obligo (1931)
  • Lejana Tierra Mía (1932)
  • Silencio (1932)
  • Amores de Estudiante (1933)
  • Golondrina (1933)
  • Melodía de Arrabal (1933)
  • Guitarra Guitarra Mía (1933)
  • Cuesta Abajo (1934)
  • Mi Buenos Aires Querido (1934)
  • Soledad (1934)
  • Volver (1934)
  • Por Una Cabeza (1935)
  • Sus Ojos se Cerraron (1935)
  • Volvió una Noche (1935)
  • El Día Que me Quieras (1935)

[editar] Carreira cinematográfica

Traballou como actor nalguns filmes para a Paramount, entre eles:

  • Flor de Durazno (1917) (filme mudo)
  • Encuadre de Canciones (1930) (primeiro filme falado de Sudamérica)
  • Luces de Buenos Aires (1931) (filmado en París)
  • La Casa es Seria (1931)
  • Espérame (1932)
  • Melodía de Arrabal (1932)
  • Cuesta Abajo (1934)
  • El Tango en Broadway (1934)
  • El Día Que Me Quieras (1935)
  • Tango Bar (1935)
  • The Big Broadcast Of (1936)
Estatua de Carlos Gardel (Buenos Aires)

[editar] Morte

Gardel morreu nun accidente de avión durante unha xira, en Medellín, en Colombia. Os seus restos mortais encontramse no Cemiterio de la Chacarita na capital arxentina.

[editar] Notas

  • Julián y Osvaldo Barsky (2004), Gardel la biografía, Editorial Taurus, Buenos Aires.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas