Provincia de Neuquén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Neuquén
Bandera de la Provincia de Neuquén.svg Escudo de la Provincia de Neuquén.svg
Capital
poboación (ano)
Neuquén
1.267.521 habitantes (2001)
Provincia del Neuquén (Argentina).svg
Gobernador Jorge Sapag (MPN)
Superficie 94.078 km²
Poboación
Densidade
556.528 2009
5,82 hab./km²
Analfabetismo 3,4%


Neuquén é unha provincia arxentina situada no centro-oeste do país. A súa área é de 94.078 km2, cunha poboación no ano 2008 de 547.742 habitantes. A súa capital é a cidade homónima de Neuquén.

Índice

Nome [editar]

Debe o seu nome ao río máis importante da provincia, o Neuquén, que é de orixe mapuche, lingua na que significa "río de correntes".

Límites [editar]

Neuquén confina polo norte con a provincia de Mendoza, polo leste con La Pampa e Río Negro, polo sur tamén con Río Negro, e polo oeste con estado chileno.

Xeografía [editar]

Neuquén posué un terreo con dúas partes ben diferenciadas. O leste comparte as características chairas das pampas, entanto cara occidente vaise alzando en altura, segundo nos achegamos aos Andes, até atoparnos con frecuencia picos que superan os 2.000 metros de altura na divisoria. Aínda que o punto culminante está localizado no Vocán Domuyo, que supera os 4.000 metros, as altitudes son sensibelmente menores que as que se atixen na provincia limítrofe de Mendoza, na que son numerosass as cumes por riba dos 6.000 metros. Con todo, a paisaxe é totalmente alpina, con abundantes glaciares e lagos de orixe tamén glaciar. Como en toda a cordilleira andina, Neuquén ten tamén os seus volcáns.

Desde un punto de vista hidrolóxico, son numerosos os ríos que baixan das ladeiras dos Andes. O río principal é o Neuquén (500 km), que unido ao Limay, forman o Negro.

O clima é variado, desde o temperado das chairas, até o ártico das cimas dos Andes. As precipitacións aumentan de leste a oeste, superando os 3.000 mm anuais medios na franxa andina.

Lago Huechulaufquén

Historia breve [editar]

Neuquén estivo practicamente abandonado polo dominio colonial hispánico. A partir de 1833 comezou a política do xove estado arxentino sobre o sur, en parte nunha carreira co Chile por extender o a superficie do país. A partir da década de 1870 comezaron as expedicións militares, que atoparon a resistencia dos indios (mapuches, tehuelches e outros). Porén, manu militari, o estado arxentino foi submetendo as terras até a Patagonia. Neuquén recibíua a cualificación oficial de Territorio do Neuquén, que se mantivo até 1955. Nese ano pasou a ser provincia.

Economía [editar]

Neuquén é o centro da produción petroleira e gasista da Arxentina, e, outramente, produce algo máis da metade da enerxía hidroeléctrica do estado.

O turismo é un sector en rápido desenrolo. Neuquén posúe varios parques, con vistosos lagos, frondosos bosques, ríos moi aptos para a pesca deportiva, e excelentes posibilidades para o ocio de montaña (sendeirismo, esquí, escalada).

San Martín de los Andes

Parques [editar]

Neuquén posúe catro parques nacionais arxentinos e dous provinciais:


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: