.ar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
.ar
Ano de creación 1987
En servizo desde 1987
Tipo ccTLD
Estado Activo
Rexistrador NIC Argentina
Patrocinador Ministerio de Relacións Exteriores
Finalidade Entidades ligadas con Arxentina
País Arxentina
Web NIC Argentina

.ar é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Arxentina. En contraste con outros NIC, NIC Argentina estableceu que só habitantes do país poden obter un dominio .ar.

Como pasa con algúns administradores de nomes de dominio, NIC Argentina esixe o rexistro de dominios de terceiro nivel. Todo dominio arxentino, agás excepcións, deberá ser un dominio de terceiro nivel de:

  • .com.ar
  • .edu.ar
  • .gov.ar e gob.ar
  • .int.ar
  • .mil.ar
  • .net.ar
  • .org.ar
  • .tur.ar

As excepcións, debidas na súa maior parte a dominios preexistentes no momento de crearse NIC, ou a razóns gobernamentais son:

Recentemente autorizáronse máis excepcións, sempre para rexistrantes ligados ao goberno nacional (hablemostodos.ar)-

Os cidadáns particulares só poden ser titulares do dominio de segundo nivel .com, xa que os outros están reservados para organizacións, tanto públicas como privadas. O rexistro de dominios non é arancelado e a súa administración está a cargo da Dirección Nacional do Rexistro de Dominios de Internet no ámbito da Secretaría Legal e Técnica da Presidencia da Nación.

O pasado 8 de setembro de 2008, os dominios .ar sufriron os seguintes cambios:

  • Permitirán o rexistro de nomes usando caracteres internacionais (IDN), como o ñ, á, é, í ó, ú, ä, ë, ï, ö, e ü.
  • Os dominios para institucións do goberno cambiarán de .gov.ar para .gob.ar.
  • Introducirase un novo dominio de segundo nivel .tur.ar para fomentar os sitios de axencias de viaxes e de turismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]