Provincia da Rioxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Provincia de La Rioja")
Provincia da Rioxa
Bandera de la Provincia de La Rioja.svg Coat of arms of La Rioja province.png
Capital
poboación (ano)
A Rioxa
180.995 habitantes (2010)
Provincia de La Rioja (Argentina).svg
Gobernador Luis Beder Herrera (FPV-PJ)
Superficie 89.680 km²
Poboación
Densidade
331.000 hab.(2010)
3,7 hab./km²
Xentilicio riojano/a

A provincia da Rioxa[1] é unha das 23 provincias de Arxentina. Ten unha poboación de 331.847 habitantes (2010) e a súa capital é A Rioxa, onde se concentra a metade da poboación provincial.

Situada no noroeste do país, limita polo noroeste con Chile, polo oeste coa provincia de San Juan, polo sur con San Luis, polo leste con Córdoba e polo norte con Catamarca.

Con 89 680 km² que representa o 3,22% do territorio arxentino, na Rioxa predomina un relevo montañoso de escasa vexetación sen a presenza dun curso de auga permanente.

A súa economía susténtase a partir da agricultura baixo rego artificial, coa produción de vide e oliveiras principalmente, aínda que tamén creceu considerablemente o turismo nos últimos anos, sobresaíndo o Parque Nacional Talampaya, como principal atractivo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1816. ISBN 9788482893600.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia da Rioxa

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]