Monção
| Monção | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | Norte |
| Subrexión: | Minho-Lima |
| Distrito: | Viana do Castelo |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 211,51 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 19.957 hab. (2001) |
| Densidade de poboación: | hab/km² |
| Xentilicio: | monçanense |
| Información | |
| Código postal: | 4950 |
| Alcalde: | José Moreira (PS) |
| Sitio na web: | www.cm-moncao.pt |
Monção é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.600 habitantes.
Índice |
Xeografía [editar]
É sede dun municipio con 211,51 km² de área e 19 957 habitantes (2001), subdividido en 33 freguesías. O municipio está limitado ao norte pola Galiza, ao leste polo municipio de Melgaço, ao sur por Arcos de Valdevez, ao suroeste por Paredes de Coura e ao oeste por Valença.
O punto máis alto é o Alto de Santo António, con 1.114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro
Historia [editar]
Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261. Tornouse célebre no discurso das Guerras Fernandinas, debido á enérxica acción de Deu-la-deu Martins, esposa do alcalde local que atacou ás tropas castelás que lle cercaran os seus últimos víveres. É ese o motivo polo cal, inda hoxe aparece no escudo de armas desta vila, una muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. O seu arredor obsérvase, nunha bordadura, a divisa desta vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: «Deus o deu».
| Poboación do concello de Monção (1801 – 2004) | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2004 |
| 12.095 | 14.983 | 26.077 | 24.585 | 27.393 | 23.799 | 21.799 | 19.956 | 19.842 |
Freguesías [editar]
As freguesías de Monção son as seguintes: