A Encomenda, A Pobra de Trives

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°19′03″N 07°15′23″W / 42.31750°N 7.25639°W / 42.31750; -7.25639

A Encomenda
A Encomenda from A Escrita.jpg
Vista da parroquia da Encomenda dende A Escrita
Concello A Pobra de Trives
Poboación 121 hab. (2006)
Entidades de poboación 15

A Encomenda é unha parroquia situada no concello de Pobra de Trives, na provincia de Ourense. Segundo o IGE no 2006 tiña 121 habitantes (58 homes e 63 mulleres), 29 menos ca no 2000.

Situada na vertente setentrional da Serra de Queixa a 835 m de altitude, é bordeada polo Río San Lázaro e o río Cabalar e travesada por regato da Retorta.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial, do século XIX, está no barrio dos Casares.

Fóra do núcleo de poboación hai varios soutos de castiñeiros na zona do Marzal, San Cosmede e nas beiras do río Cabalar, así como bosques de rebolos dende o Real até Veigas de Reis. Existe unha zona de bidueiros desde as Meas até o Alto do Castelo e Chao do Mouro. O Penedo Grande é unha rocha duns 20 m de altura con vistas a Pobra de Trives.

Lindando coa parroquia de Sobrado, no cumio do monte do Castelo, atópanse os restos dun castelo medieval (segundo as xentes da zona destruído na Guerra da Independencia española). Seguindo a liña do mesmo cumio, na zona chamada a Cividá, atópanse os restos do asentamento castrexo de Poula das Ánimas.

Festas[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia celébranse a festa da Santa Ana (o primeiro domingo de setembro) e a festa patronal do Santo Antonio (o 17 de xaneiro).

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Encomenda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Encomenda no concello da Pobra de Trives (Ourense)

Acevoso | A Arrotea da Abaixo | A Arrotea de Arriba | Os Carballos | Os Casares | O Cazapedo | A Encomenda | Filgueira | A Lama | O Penedo | A Portela | San Cosmede | Santa Ana | Santo Antonio | O Souto

Parroquias da Pobra de Trives[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Pobra de Trives

Barrio (San Xoán) | O Castro (San Nicolao) | Cotarós (Santiago) | Cova (Santa María) | A Encomenda (Santo Antonio) | Mendoia (Nosa Sra. da Concepción) | Navea (San Miguel) | Pareisás (Santo Antonio) | Pena Folenche (Santa María) | Pena Petada (Santo Estevo) | Piñeiro (San Sebastián) | A Pobra de Trives (Sto. Cristo da Misericordia) | San Lourenzo de Trives (San Lourenzo) | San Mamede de Trives (San Mamede) | Sobrado (San Salvador) | Somoza (San Miguel) | Trives (Santa María) | Vilanova (Santa María) | Xunqueira (San Pedro)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]