Carolina Michaëlis de Vasconcelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carolina Wilhelma Michaëlis de Vasconcelos, nada en Berlín o 15 de marzo de 1851 e falecida en Porto o 22 de outubro de 1925, é unha das grandes personalidades da filoloxía portuguesa. Foi crítica literaria, escritora, lexicógrafa, investigadora e a primeira muller que impartiu clase nunha universidade portuguesa, a Universidade de Coimbra. Ten grande importancia como mediadora entre a cultura portuguesa e a cultura alemá.

Nacida na Alemaña, era portuguesa por casamento e por devoción. En 1876 casou con Joaquim António da Fonseca Vasconcelos, musicólogo e historiador de arte.

O traballo de investigación de Carolina Michaëlis levouna a ter correspondencia con innúmeros nomes grandes da cultura, por exemplo os portugueses Eugénio de Castro, Antero de Quental, João de Deus de Nogueira Ramos, Henrique Lopes de Mendonça, José Leite de Vasconcelos, o Conde de Sabugosa, Teófilo Braga, Trindade Coelho, Anselmo Braamcamp Freire, Sousa Viterbo, Alexandre Herculano, os médicos e escritores António Egas Moniz e Ricardo Jorge, os españois Menéndez y Pelayo e Menéndez Pidal, sen falar das personalidades francesas, inglesas e alemás.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Poesias de Sá de Miranda, 1885.
  • História da Literatura Portuguesa, 1897.
  • A Infanta D. Maria de Portugal e as suas Damas (1521-1577), 1902.
  • Cancioneiro da Ajuda (2 volumes), 1904.
  • Dicionário Etimológico das Línguas Hispânicas.
  • Estudos sobre o Romanceiro Peninsular: Romances Velhos em Portugal.
  • As Cem Melhores Poesias Líricas da Língua Portuguesa, 1914.
  • A Saudade Portuguesa, 1914.
  • Notas Vicentinas: Preliminares de uma Edição Crítica das Obras de Gil Vicente, 1920-1922.
  • Autos Portugueses de Gil Vicente y dela Escuela Vicentina, 1922.
  • Mil Provérbios Portugueses.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]