H.P. Lovecraft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Howard Phillips Lovecraft, nado en Providence, Rhode Island, o 20 de agosto de 1890 e finado no mesmo lugar o 15 de marzo de 1937, é un escritor en lingua inglesa ao que se considera herdeiro da narrativa de Edgar Allan Poe[Cómpre referencia].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Unha das constantes da vida de Lovecraft é a enfermidade, que o acompaña dende moi neno. Tamén de neno sufriu constantemente os insultos da súa nai, que o chamaba feo. Isto, engadido ós seus constantes pesadelos, prefiguran a parte principal dos ingredientes da súa obra.

As súas primeiras historias ven a luz en 1905 cando comeza a escribir para gañar a vida. Tamén comeza a manter correspondencia con multitude de escritores, entre os cales, e baixo a súa supervisión, configuraran os Mitos de Cthulhu

Etapas narrativas[editar | editar a fonte]

H.P. Lovecraft cando cativo

A súa obra distingue dúas partes principais: a chamada época dunsaniana e a época de apoxeo dos mitos.

A época dunsaniana de Lovecraft compónse de relatos moi oníricos. Exemplo deles son as aventuras oníricas de Randolf Carter: A declaración de Randolf Carter e outras.

Na segunda época, Lovecraft dá renda solta ós seus medos e horrores. Nos seus mitos (e a diferencia de Derleth e os demais colaboradores) atópanse un exacerbado pesimismo, unha angustiosa soidade e frustración. A linguaxe descritiva, por exemplo, é redundante, atafegante. Obras desta época son Nas montañas da loucura, A sombra que caeu sobre Insmouth e outras.

O máis destacable da súa obra é a creación dos Mitos de Cthulhu. Na mesma acabaron colaborando varios dos escritores cos que mantiña correspondencia. O máis destacable deles é August Derleth, ademais de Forrest J. Ackerman, Robert Bloch e Robert E. Howard. A relación entre eles era tan estreita que non dubidaban incluso en introducirse uns a outros coma personaxes das súas obras.

A grandes trazos, os Mitos de Cthulhu son unha mitoloxía novelesca, sustentada por referencias a libros canónicos, piares dun suposto coñecemento esquecido e horrible. O principal libro é o Necronomicon. Os libros tratarían de varias supostas civilizacións perdidas e esquecidas, moi anteriores á presenza do ser humano no planeta.