Antonio García Quejido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio García Quejido
Antonio García Quejido
Datos persoais
Nacemento16 de febreiro de 1856 e 1856
 Madrid
Falecemento12 de xuño de 1927 e 1927
 Madrid
OrganizaciónPartido Comunista de España
ProfesiónTipógrafo
editar datos en Wikidata ]

Antonio García Quejido, nado en Madrid en 1856 e finado na mesma cidade en 1927, foi un político e sindicalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tipógrafo de profesión, entrou en contacto con intelectuais marxistas no seu Madrid Natal. En Concreto coa Nova Federación Madrileña, dirixida polo ferrolán Pablo Iglesias Posse. Esta agrupación foi o xermolo do Partido Socialista Obreiro Español.

García Quejido participou na fundación deste partido no 1879, converténdose nun dos dirixentes do mesmo, e participando na súa representación en Congresos da Segunda Internacional

Coñecido polo seu labor no eido sindical, participou no 1888 na fundación da Unión Xeral de Traballadores, sindicato do cal sería o seu primeiro presidente, sendo reelixido para este cargo no 1890. Entre o 1894 e 1905 foi Secretario Xeral deste sindicato agás no 1897, ano no cal dimitiu tras ser rexeitada a súa proposta de alianza estratéxica cos republicanos burgueses de esquerda.

No ano 1909 foi elixido concelleiro no Concello de Madrid, data a partir da cal cambiou a súa postura referente á alianza cos republicanos, mostrándose agora contrario á mesma

Durante a I Guerra Mundial, mostrouse favorábel ás teses esgrimidas por diferentes líderes marxistas mundiais (Vladimir Lenin, Karl Liebknecht) segundo as cales dita guerra era un conflito entre dous bloques imperialistas, e as forzas obreiras non deben apoiar nin a un bando nin a outro, senón denunciar o carácter do conflito. Isto enfrontouno á maioría da clase dirixente do PSOE, que se mostraba favorábel ao bando Aliado.

Este enfrontamento vería o seu punto álxido ao estourar a Revolución Rusa en 1917. El foi un dos principais defensores de dita revolución e da entrada do PSOE na III Internacional, defendendo esta postura até 1921. Neste ano, e ante a imposibilidade de triunfar sobre a chamada liña reformista no seo do PSOE, apoiou a escisión que levou a crear o Partido Comunista Obrero Español. Por mandato da III Internacional, que, segundo as 21 condicións que requiría para o ingreso esixía un só partido por estado, o PCOE fusiouse co Partido Comunista Español, dando lugar ao PCE, do que foi elixido primeiro secretario xeral.


Predecesor:
Fundación
 Presidente da UXT 
1888 - 1892
Sucesor:
Josep Comaposada i Gili
Predecesor:
Basilio Martín Rodríguez
 Secretario Xeral da UXT 
1894 - 1905
Sucesor:
Vicente Barrio
Predecesor:
Fundación
 
Secretario Xeral do PCE
 
1921 - 1923
Sucesor:
César Rodríguez González

Obra[editar | editar a fonte]

  • Pablo Iglesias e o Partido Socialista, escrito no 1905 baixo o pseudónimo de Fidel
  • Carlos Marx e a Internacional, escrito no 1923