blink-182

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
blink-182
Blink182.jpg
blink-182
Orixe

San Diego, California, Estados Unidos

Flag of the United States.svg
Período 19922005
2009–presente
Xénero(s) pop punk, rock alternativo, skate punk
Selo(s) discográfico(s) Filter Records
Kung Fu Records
Grilled Cheese
Cargo Music
MCA
Geffen
Interscope
Independente
Membros Tom Delonge
Mark Hoppus
Travis Barker
Antigos membros Scott Raynor
Na rede
blink-182

blink-182 é unha banda americana de Rock formada en Poway, un suburbio de San Diego, California, en 1992. O trío está integrado polo baixista e vocalista Mark Hoppus, o guitarrista e tamén vocalista, Tom DeLonge, e máis o batería Travis Barker.

A banda é considerada un grupo clave no desenvolvemento do xénero pop-punk; a súa combinación de melodías pop co ritmo frenético do punk rock presentaba unha versión do punk máis accesíbel á emisión mediática que a doutras bandas. O grupo, co batería orixinal Scott Raynor, xurdiu do movemento punk sur-californiano da década de 1990 e adquiriron unha grande notoriedade polos seus enerxéticos concertos e o seu humor escatolóxico.

A banda era ao principio coñecida como Blink ata que unha banda irlandesa que xa tiña ese nome os ameazou con emprender accións legais; os integrantes engadirían o "-182" ao nome da banda para evitar a represalia. O seu primeiro álbum de estudo, Cheshire Cat (1995) levou á banda a ir de xira con Pennywise e NOFX no Warped Tour; que lles permitiría percorrer os Estados Unidos e, mesmo, a dar o salto internacional a países como Australia. Dude Ranch (1997) foi co-distribuído por MCA Records e contaba con "Dammit", o corte de difusión que chegaría a ser o seu primeiro éxito radiofónico. En 1998, a banda substituiría permanentemente a Scott Raynor por Travis Barker. Enema of the State (1999) foi un éxito enorme cos seus cortes máis emblemáticos como "What's my age again?", "Adam's Song", e "All the small things" que gozaron dunha masiva emisión televisiva e radiofónica. Take Off Your Pants and Jacket (2001) acadou o número 1 das listas musicais nos Estados Unidos, Canadá e Alemaña. O seguinte álbum epónimo blink-182 (2003) marcou un cambio estilístico para o grupo, que infundiu elementos experimentales a súa fórmula pop-punk, dando como resultado un son máis maduro. DeLonge abandonou o grupo en 2005, o que deixaría á banda nun denominado "parón indefinido". O trío reuniuse en 2009, e o seu sexto álbum musical, Neighborhoods, foi lanzado en 2011. A finais de 2012, o grupo decidiría prescindir da casa discográfica Interscope para ser unha entidade independente; e lanzar así un EP de 5 cancións chamado Dogs Eating Dogs.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes de 1992 a 1998[editar | editar a fonte]

A banda naceu en 1992, nos arredores de San Diego, concretamente en Poway, onde Tom DeLonge e Scott Raynor coñeceron a Mark Hoppus, un rapaz de Ridgecrest, California. Os tres decidiron formar unha banda. Tras consideraren un número de nomes, como “Duct Tape” (Cinta para canos), acordaron chamárense simplemente Blink. So este nome, o 27 de abril de 1993, Blink lanzou un EP coñecido como Flyswatter (Matamoscas). Esta demo foi gravada usando un boombox, un gravador caseiro, no garaxe de Scott, así se explica a pobre calidade de son.

Antes do final dese ano, a banda realizou outra demo casete coñecida como Buddha, lanzada por Filter Records. Na gravación incluíuse "The Girl Next Door", cover da banda de punk Screeching Weasel. Tras o lanzamento desta demo, a banda viuse implicada nunha polémica cunha banda techno de Irlanda, que aseguraba ter o copyright do nome da banda, Blink. Para evitaren males maiores, o trío decidiu engadir o número 182. Moitas teorías sobre a orixe do nome, sobre todo do 182, xurdiron entre o público. Unha delas, a máis célebre e difundida é a que asegura que 182 é o número de veces que Al Pacino di a palabra fuck ("foder" en galego) en Scarface. Porén, a banda reiterou en varias ocasións que o número non significa nada en especial, e que foi escollido ao chou.

A banda comezou a facerse un nome na escena punk rock de principios dos 90, que viviu o seu auxe particular en 1994, cos lanzamentos de tres dos discos máis importantes do punk rock moderno: Dookie, de Green Day; Smash, de The Offspring e Punk in Drublic, de NOFX. A banda coñeceu aos veteranos The Vandals durante un concerto con Unwritten Law, e axudaron a blink-182 a emerxer con forza na escena punk de San Diego grazas a que The Vandals os incluíron en moitos dos seus concertos. Máis tarde, blink-182 agradecéullelo relanzando a súa vella demo remasterizada Buddha mediante Kung Fu Records, selo de Joe Escalante, baixista de The Vandals. Amais, a banda apareceu nunha morea de vídeos promocionais de surf, skate e snowboard. Precisamente, unha compañía australiana de roupa destes deportes, Billabong, (unha das máis importantes do mundo hoxe en día) comeza a patrocinar á banda. Tamén, un dos primeiros logos da banda era unha B, lanzada conxuntamente por blink-182 e Billabong aproveitando o xogo de comezar os seus nomes pola mesma letra.

En 1994, a banda, xa como blink-182, fichou por Cargo Music, selo independente de punk rock de San Diego, para lanzar o seu primeiro álbum de estudio, chamado Cheshire Cat, lanzado con Grilled Cheese Records, filial de Cargo. O álbum contiña varias novas versións das cancións que aparecían en Buddha e os seus sinxelos "M+M's" e "Wasting Time", alén doutras cancións moi populares nos concertos da banda como Carousel.

Antes de embarcarse no seu novo álbum, a banda participou no Warped Tour de 1996 canda bandas como NOFX e Pennywise. Após mudarse a Encinitas, California, a banda fichou por MCA Records para gravar Dude Ranch co produtor Mark Trombino e lanzado á súa vez por MCA e Cargo (sería o seu derradeiro material con blink-182). O álbum foi un éxito cando os dous sinxelos Josie e Dammit ascenderon ao cume das listas de éxitos estadounidenses e o disco logra o disco de platino.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Ano Álbum Discográfica
1995 Cheshire Cat Cargo Music/Grilled Cheese
1997 Dude Ranch Cargo Music/MCA Records
1999 Enema of the State MCA Records
2001 Take off Your Pants and Jacket MCA Records
2003 blink-182 Geffen Records
2011 Neighborhoods Interscope

Membros[editar | editar a fonte]

  • Tom Delonge – Guitarra, vocalista, e coros (1992-2005 / 2009-presente).
  • Mark Hoppus – Baixo, vocalista, e coros (1992-2005 / 2009-presente).
  • Travis Barker – Batería (1998-2005 / 2009-presente).

Antigos membros[editar | editar a fonte]

  • Scott Raynor – Batería (1992-1998).
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Blink-182