Clemente VII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clemente VII, papa
Nome completoGiulio Zanobi di Giuliano de' Medici
Nacemento26 de maio de 1478
Lugar de nacementoFlorencia
Falecemento25 de setembro de 1534 e 1534
Lugar de falecementoRoma
Causaveleno
SoterradoSanta Maria sopra Minerva
NacionalidadeRepública de Florencia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico e diácono
PaiGiuliano de Médici e Lourenzo de Medici
NaiFioretta Gorini; del Cittadino
FillosAlexandre de Médici
Períodoentre 1523 e 1534
Coñecido porser o papa nº 219 da igrexa católica
Na rede
WikiTree: Medici-23 Find a Grave: 8941079 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Clemente VII.

Giulio di Giuliano de' Medici, nado en Florencia o 26 de maio de 1478 e finado en Roma o 25 de setembro de 1534, foi o papa nº 219 da igrexa católica entre 1523 e 1534 co nome de Clemente VII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Giuliano de Medici. Tralo asasinato do seu pai na catedral de Florencia, durante a Conxura dos Pazzi, Giulio contou coa protección dos Medici. O seu tío Lourenzo o Magnífico escribiu a Fernando I de Nápoles e ao Papa para que a Giulio, destinado á carreira eclesiástica, se lle outorgase o rico Priorato de Capua. Xa desde a súa infancia, Giulio contara coa amizade dos seus curmáns Piero, Giovanni (futuro Papa León X), e Giuliano, os tres fillos de Lorenzo.

Carreira eclesiástica[editar | editar a fonte]

Trala elección como Papa do seu curmán León X, foi nomeado cardeal o 23 de setembro de 1513. En 1514 foi nomeado arcebispo de Florencia.

Soubo facerse valer como conselleiro do papa, logrando ser un dos personaxes máis influentes da curia. Co obxecto de evitar enredos na carreira eclesiástica de Giulio, León X mediou para que o futuro Clemente VII fose declarado fillo de lexítimo matrimonio.

Trala morte en 1521 de León X, era agardada a elección de Giulio por parte da tiara, ao ser un dos papables máis apreciados. Pero dos 39 cardeais reunidos en conclave, polo menos 18 esperaban ser elixidos. Para cansar os adversarios, os partidarios de Giulio decidiron votar o candidato menos probable, o cardeal Adriano Dedel, de Utrecht. Para sorpresa de todos, mesmo do propio elixido, tamén os adversarios decidiran votar o mesmo candidato, polo que, ante a consternación xeral, foi elixido papa co nome de Hadriano VI.

A influencia de Giulio, mantida durante o pontificado de Hadriano VI, foi a clave para ser elixido pontífice o 19 de novembro de 1523, adoptando o nome de Clemente VII no momento da consagración o 26 de novembro.

Papado[editar | editar a fonte]

Fracasou tanto no eido político como no relixioso, polo seu temperamento indeciso, as súas arriscadas apuestas políticas e os intereses familiares.

Faleceu envelenado por un fungo durante a cea. As profecías de San Malaquías refírense a el como Flos pilae aegrae ("A flor das columnas enfermas"), facendo referencia ás columnas e a flor de lis que aparecen no seu escudo de armas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.