Francisco Ibáñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Ibáñez
Nome completoFrancisco Ibáñez Talavera
Nacemento15 de marzo de 1936
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento15 de xullo de 2023
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónartista de banda deseñada, escritor, guionista de cómics, debuxante de banda deseñada e debuxante
Coñecido porMortadelo e Filemón, Rompetechos, Pepe Gotera y Otilio, El botones Sacarino, 13 Rue del Percebe, La familia Trapisonda, 7, Rebolling Street e Kokolo
PremiosMedalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, Haxtur Prize Author We Love, Saló del Còmic great award, Prize Notario del Humor, Ramblista d'Honor e Creu de Sant Jordi
Na rede
IMDB: nm0406619 Bitraga: 2802 Musicbrainz: 986b1560-c096-4175-b6eb-a1fd4d19a4dc Tebeosfera: ibanez_talavera_franciscoEditar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Francisco Ibáñez Talavera, nado en Barcelona o 15 de marzo de 1936 e finado na mesma cidade o 15 de xullo de 2023,[1] foi un autor de cómics catalán, un dos máis coñecidos en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa vida profesional traballando no Banco Español de Crédito,[1] pasando a dedicarse xa plenamente ó cómic no ano 1957, cando entrou na Editorial Bruguera, na que estivo ata 1985, en que marchou por desacordos.[1]

Os seus personaxes máis populares son, sen dúbida, Mortadelo e Filemón, dos que leva máis de corenta anos escribindo historietas. Outros tamén moi coñecidos son O Botóns Sacarino, Pepe Gotera e Otilio, Rompetechos ou 13, Rue del Percebe.

As súas obras son coñecidas en todo o mundo, xa que sobre todo Mortadelo e Filemón está traducidos a numerosas linguas.

Mortadelo e Filemón no mundo[editar | editar a fonte]

Os cómics destes dous personaxes véndense no mundo con moitos nomes diferentes. Teñen unha excelente acollida en Alemaña, razón pola que se lle dedica unha publicación monográfica. Os seus nomes varían dunha lingua a outra:

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1994, Gran Premio do Salón do Cómic de Barcelona.[1]
  • 2002, Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Redacción (15 de xullo de 2023). "Muere el dibujante Francisco Ibáñez, el padre de Mortadelo y Filemón". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2023. 
  2. Ruiz Anderson, Roberto (15 de xullo de 2023). "Francisco Ibáñez, el genio que se quedó sin Premio Princesa de Asturias". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]