Nicolas Louis de Lacaille
| Nicolas Louis de Lacaille | |
|---|---|
![]() |
|
| Nacemento | 15 de marzo de 1713 Rumigny, Francia |
| Morte | 21 de marzo de 1762 París, Francia |
| Nacionalidade | francés |
| Campo | astronomía |
Abbe Nicolas Louis de Lacaille, nado o 15 de marzo de 1713 en Rumigny e finado o 21 de marzo de 1762 en París, foi un astrónomo francés coñecido principalmente por dedicarse a catalogar estrelas (preto de 10.000) e posúe a honra de ter nomeado 15 constelacións dun total de 88. Calculou e tabulou unha lista de eclipses para 1.800 anos.
Traxectoria [editar]
Lacaille estudou teoloxía, matemáticas e astronomía no College de Lisieux de París. No ano 1739 foi axudante de Cassini no establecemento a Meridiana de París e en 1741 foi elixido membro da Academia de París. Durante os anos 1750-1754 dedicouse a estudar as estrelas e constelacións do hemisferio austral grazas ás viaxes que facía ao cabo de Boa Esperanza, a parte máis austral do continente africano. Tras este estudo publicou Coelum Australe Stelliferum a súa obra máis afamada.
