Xoán XVII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán XVII, papa
Papa Joao XVII.jpg
Xoán XVII
Nome de nacemento Siccone Secchi
Nacemento valor descoñecido
  Rapagnano
Falecemento 12 de decembro de 1003
  Roma
Soterrado Basílica de San Xoán de Latrán
Relixión catolicismo
Ocupación clérigo e sacerdote
Período 1003
Coñecido/a por ser o papa n° 140 da igrexa católica
Organización Igrexa católica
Cargos Bispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Siccone Secchi, baixo o nome Xoán XVII, nado en Roma e finado na mesma cidade o 12 de decembro 1003, foi o 140º papa da Igrexa católica do 13 de xuño ao 6 de decembro de 1003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de tomar as ordes sagradas Siccone Sicconi estivera casado e tivo tres fillos, que remataron sendo bispos. O seu breve pontificado de apenas cinco meses iniciouse cando Crescencio III o fixo elixir impoñendo a súa autoridade. Do pontificado de Xoán XVII non se coñece ningún feito relevante.

Se ben usou o nome de Xoán XVII, non houbo un papa lexítimo co nome de Xoán XVI. Porén, entre os anos 997 e 998 Xoán Filigato foi coñecido como o antipapa Xoán XVI.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.