Xoán XVI, antipapa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 945 Rossano |
| Morte | 26 de agosto de 1001 (Gregoriano) Abadia de Fulda |
| Antipapa | |
| 997 – 998 | |
| Abade | |
| Roman Catholic Bishop of Piacenza (en) | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:John XVI. Encyclopædia Britannica |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Xoán XVI[1] (de nome Xoán Filigato), nado en Rossano (Italia) e finado en Fulda (Alemaña) en 1013, foi un antipapa de 997 a 998.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido nos territorios bizantinos do sur de Italia, foi capelán de Teófano, a nai do emperador Odón II ata que, tras actuar como legado imperial en Italia, foi nomeado abade de Nonantula, e posteriormente, titor do fillo de emperador, o futuro Odón III.
Nomeado bispo de Piacenza, foi enviado a Constantinopla coa misión de concertar o matrimonio de Odón III. Ao regresar a Roma, o papa Xoán XV acababa de falecer e fora elixido, imposto polo emperador pero co rexeitamento da nobreza e o pobo romano, Gregorio V.
Cando o emperador, que acudira a Roma para ser coroado por Gregorio V, abandonou Italia, a nobreza romana, encabezada por Crescencio II, elixiu e sentou na cadeira de San Pedro a Xoán Filigato.
O nomeamento do antipapa Xoán XVI fixo que, en 998, o emperador Odón III volvese, á fronte do seu exército, a Roma onde tras restaurar a Gregorio V, capturou ao antipapa e ordenou que lle arrincasen os ollos, lle cortasen a lingua, as orellas e o nariz e logo paseouno, montado nun asno, polas rúas de Roma. Despois desa humillación deportouno ao mosteiro de Fulda en Alemaña onde faleceu en 1013.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ciències socials, geografia i història (2n ESO ed.). Barcanova.
- DHONDT, JAN. La Alta Edad Media (adaptación).
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |