Vilamartín de Valdeorras
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia de Ourense | ||||
| Capital | Vilamartín | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.822 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 88,26 km² | ||||
| Altitude | 321 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Enrique Álvarez Barreiro | ||||
| Eleccións municipais en Vilamartín de Valdeorras | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 32... | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 32088 | ||||
| Sitio web | vilamartindevaldeorras.es | ||||
Vilamartín de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2022 tiña 1.825 habitantes (2.477 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilamartinés» ou «valdeorrés».
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está situado ao nordeste da provincia de Ourense (a 106 km da capital ourensá) e ao norte da comarca de Valdeorras a 7 km do Barco de Valdeorras.
Está situado no val do río Sil, e conta cun relevo moi accidentado, con altitudes mínimas de 300 metros e cumios de 1.200 m (serra do Eixe, ao sur), 1.236 m (serra dos Cabalos, ao norte, 1.540 m (monte de Montouto) ou 1.600 m (Lastra).
A orografía está conformada por pedra calcaria, lousa e cuarzo. Estas formacións rochosas, así como o encoro de Santiago, inflúen na climatoloxía, favorecendo a formación de microclimas húmidos con trazos continentais e unha forte influencia mediterránea apreciable na temperatura, nas precipitacións totais e na cuberta vexetal que combina especies frondosas coma o castiñeiro, ou a sobreira con fragas repoboadas de piñeiro.
A abundancia de zonas húmidas favorece a migración de especies como o mergullón cristado, garzas, cegoñas ou galiñas de auga.
Poboación
[editar | editar a fonte]| Censo total (habitantes) | 1.793 (2014) |
| Menores de 15 anos | 104 (5.8 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 1.022 (57 %) |
| Maiores de 65 anos | 667 (37.2 %) |

| Evolución da poboación de Vilamartín de Valdeorras Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 3.866 | 4.190 | 4.059 | 3.126 | 2.472 | 2.164 | 2.047 | 1.988 | 1.826 | 1.793 | 1798 | 1798 | 1771 | 1746 | 1790 | 1812 | 1837 | 1825 | 1851 | |
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Historia
[editar | editar a fonte]Coñecida simplemente como Vilamartín, coa reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 pasou a chamarse Vilamartín de Valdeorras para distinguila doutros concellos de España. Entre eles están Villamartín (Cádiz), o antigo Villamartín de Villadiego (Burgos), Villamartín de Campos (Palencia) e Villamartín de Don Sancho (León).[1]
Cultura
[editar | editar a fonte]
En 1914 o historiador e xurista Nicolás Tenorio Cerero publicou o libro La aldea gallega. Nel describe os costumes e tradicións do partido xudicial de Viana do Bolo a comezos do século XX.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilamartín de Valdeorras.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilamartín de Valdeorras
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilamartín de Valdeorras vexa: Lugares de Vilamartín de Valdeorras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilamartín de Valdeorras |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
