Villamartín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Villamartín
BanderadeVillamartin.png
Escudo de Villamartin.svg
La fuente de la Plaza del Ayuntamiento, Villamartín.jpg
Localización
Posición Villamartín.PNG
PaísEspaña
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaCádiz
Xeografía
Altitude167 msnm
Superficie211,88 km²
Demografía
Poboación12.145 hab (2006)
Densidade57,32 hab./km²
Xentiliciovillamartinense ou culiblanco/a
Outros datos
Código postal11650
AlcaldeJosé Luis Calvillo Espinosa (PSOE)
www.villamartin.es

Villamartín é un concello andaluz pertencente á provincia de Cádiz. No ano 2005 tiña 12.145 habitantes. A súa superficie é de 210 km² e ten unha densidade de 57,8 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 52' N, 5º 38' O, no centro da Serra de Cádiz. Atópase a unha altitude de 167 metros e a 92 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Máis preto de Sevilla (77 km) que da propia capital provincial (92 km), o seu termo municipal ocupa unha extensión de 210 quilómetros cadrados. Linda cos termos municipais sevillanos de Utrera e El Coronil ao norte e cos termos municipais gaditanos de Espera, Bornos, Arcos de la Frontera, Prado del Rey, Algodonales e Puerto Serrano, no resto do seu contorno, de oeste a leste. A unha altitude de 167 metros sobre o nivel do mar, o seu termo é a transición da Campiña á Serra.

Vías de comunicación[editar | editar a fonte]

A súa estratéxica situación, como nó artellador das comunicacións entre as localidades da comarca e entre as provincias de Cádiz, Sevilla e Málaga, convertérona nun centro de servizos públicos comarcais.

Villamartín dende a estrada a Bornos.

A principal vía de comunicación é a estrada A-382 Xerez-Antequera, tramo da antiga estrada nacional CN-342 Xerez-Cartagena. En Villamartín, a 55 km de Xerez da Fronteira e a 100 km de Cartaxena, prodúcese a distribución das vías de comunicación co contorno.

As estradas A-371 Villamartín-Las Cabezas de San Juan (Sevilla) e A-376 Sevilla-Ronda (Málaga) comunican a capital andaluza e o sur da provincia de Sevilla coa Serra de Cádiz e o norte da provincia de Málaga. A estrada A-373 Villamartín-Gaucín (Málaga) comunica a Serra coa costa malagueña.

Esta situación convértea na vía de entrada ao Parque Natural da Serra de Grazalema polo noroeste e ao Parque Natural de los Alcornocales, polo norte.

A autoestrada Xerez-Antequera, agora en construción, pasará pola localidade gaditana nos próximos anos.

Historia[editar | editar a fonte]

Habitada ininterrompidamente dende a prehistoria (Campo Dolménico de Alberite), foi un conxunto de vilas romanas adicadas á agricultura, cuxos restos aínda se conservan nos seus numerosos casaríos. Despois dun breve dominio visigodo, pasou a ser de dominio musulmán.

Da Idade Media consérvase o Castelo de Matrera, que gardaba a fronteira sur do reino de Sevilla dos ataques musulmáns procedentes do reino nazarí de Granada. A actual cidade foi fundada o 4 de febreiro de 1503, mediante Carta-Puebla outorgada pola cidade de Sevilla a un grupo de 118 veciños procedentes na súa maioría das vilas circundantes. Durante 2003 celebráronse os actos do quinto centenario da súa fundación.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de: Villamartín desde

2002 ata 2008

2002

2003 2004 2005 2006 2007 2008

12.069

12.069 12.038 12.145 12.291 12.362 12.385

Fonte: INE

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Son populares as sopas de tomate e de espárragos. Na confeitaría destacan doces como os roscos brancos, os pitisús, os cornos de crema, os paus de nata e torpedos, as Canas e cordobesas, as sultanas de coco ou de améndoa, as palmeiras, os piononos e demais pasteis artesáns. Tamén se fabrican alfaxores e turrón. Tamén ten pan artesán.

Fan carne de marmelo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]