Encoro de Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O encoro de Santiago é unha presa artificial no río Sil, sita no concello de Vilamartín de Valdeorras, no parte oriental da provincia de Ourense e destinada á produción de enerxía eléctrica.

Construción[editar | editar a fonte]

Este encoro foi rematado de construír no ano 1968, pola empresa Saltos de Sil S.A., sendo o seu propietario actual Iberdrola.

Características técnicas[editar | editar a fonte]

A altura da presa é de 21 m, con unha lonxitude de 147 m, represando unha media de 2 Hm3 de auga, que ocupan unha superficie estimada en 53 Ha.

Valor ecolóxico[editar | editar a fonte]

O encoro constitúe un humidal que serve de refuxio para especies singulares de aves, especialmente anátidos e limícolas.