Serra dos Cabalos

A Serra dos Cabalos é unha das serras orientais de Galiza. Esténdese en dirección NE-SO e está localizada nos límites entre Galiza e a provincia de León. Está conformada por lousas, granitos, areíscas, cuarcitas e calcarias. Polo norte, o leste e máis o sur está rodeada polo río Selmo e os seus afluentes; polo oeste está o curso do río Soldón.
O punto de maior altura é o pico Montouto, con 1534 metros sobre o nivel do mar.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Leiro, Adela et al.: As montañas de Galiza. Edicións A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1