Luz Méndez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1965 Ventosa |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | lingüista |
| Membro de | |
María Luz Méndez Fernández[1], nada en Ventosa (Agolada) en 1965, é asesora lingüística na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e académica correspondente da Real Academia Galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na TVG, ademais do seu traballo de asesoramento lingüístico, dirixiu o programa divulgativo sobre a lingua galega Cazador de palabras. Especializouse en onomástica, sobre a cal publicou diversos artigos en revistas de ámbito nacional e internacional e máis os seus libros ¿Por que se chama así este sitio? O significado dos nosos nomes de lugar e Toponimia de Agolada. Tamén forma parte do International Council of Onomastics Sciences e é membro fundador da Asociación Galega de Onomástica.
Foi escollida académica correspondente da Real Academia Galega no plenario reunido na sesión ordinaria do 22 de xuño de 2012.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. p. 60. ISBN 978-84-96368-00-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Xerais Arquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.