Puga, Toén
| Puga | |
|---|---|
Igrexa de San Mamede. | |
| Concello | Toén[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°19′35″N 8°34′04″O / 42.3263916, -8.5678894 |
| Poboación | 237 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 9[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Mamede de Puga é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 280 habitantes (145 homes e 135 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento de 34 habitantes en relación ao ano 2000.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Mamede está no núcleo principal da parroquia, A Eirexa. A segunda fin de semana de setembro celébrase unha festa na honra da Virxe do Perpetuo Socorro.
Nesta parroquia está a torre patrucial dos Puga, donos de moitas terras e casas na comarca. A finais do século XV e comezos do XVI a torre de Puga pertencía ao cabaleiro Gonzalo de Puga, soterrado na igrexa de San Francisco de Ourense. A torre formaba parte dunha casa forte rodeada por murallas, cortes, adegas e palleira. A súa sólida estrutura de cachotaría remataba cunha cornixa ornamentada con pináculos de bólas, e no acceso podían verse tres escudos nobiliarios coa heráldica dos Puga. A día de hoxe a torre está en ruínas moitas pedras desta foron reproveitadas na construción do pazo de Olivar, o recinto foi alterado con muros metálicos e ventás modernas, non hai plans de restauración pra torre e foi incluída no 2025 no rexistro de bens patrimoniais en risco de desaparición.[2]
Na parroquia está tamén o Pazo do Olivar, que a mediados do século XIX pertencía a Juan José Novoa y Abraura, e posteriormente, primeiro á súa filla Josefa e despois á súa outra filla Antonia Novoa Serón Abraura Molina.[3]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Puga
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Puga no concello de Toén (Ourense) | |
|---|---|
|
Castiñeiras | Celeirón | A Eirexa | A Estrada | Paredes | O Pazo | As Penelas | Puga | San Fiz |
Parroquias de Toén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "Patrimonio en perigo: Galicia suma catro novos bens á Lista Roja de Hispania Nostra". Historia de Galicia. 13 de outubro 2025. Consultado o 27 de outubro de 2025.
- ↑ García, Jesús (2011-11-23). "APELLIDO PUGA: ORIGEN Y TOPONIMIA". PUGA. Consultado o 2021-05-02.