Elena Ochoa
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2013.) |
![]() ![]() | |
Nome orixinal | Elena Fernández Ferreiro López de Ochoa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Elena Fernández Ferreiro López Ochoa ![]() 24 de setembro de 1958 ![]() A Pobra de Trives, España ![]() |
Profesora | |
![]() | |
Datos persoais | |
Outros nomes | The Lady Foster ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade de California, Os Ánxeles Universidade de Cambridge ![]() |
Actividade | |
Ocupación | editora literaria, psicóloga, comisaria de arte, presentadora ![]() |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid Radio Nacional de España Televisión Española ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Norman Foster (1996–) Luis Racionero (1991–1994) ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Elena Fernández Ferreiro López de Ochoa, coñecida como Elena Ochoa, nada na Pobra de Trives o 24 de setembro de 1958, é unha psicóloga e xornalista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Psicoloxía, dende 1980 ata 1999 foi profesora titular de psicopatoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Nos anos oitenta, a súa investigación centrouse no alzhéimer, e para iso desprazouse ás universidades dos Ánxeles, Chicago e Cambridge. En 1990 comezou a presentar o primeiro programa de información sexual da TVE, Hablemos de sexo, o que lle deu unha importante sona. Traballou catro anos en televisión, e posteriormente e ata 1999 foi colaboradora dos xornais El País e El Mundo.
Entre 1999 e 2000 foi profesora no King's College de Londres, pero nese ano abandonou a súa carreira para dedicarse á promoción da arte. Fundou a editorial Ivory Press, especializada en libros de artista dirixidos a museos e coleccionistas, así como de álbums de fotografía.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1991 co escritor español Luis Racionero, de quen se separou en 1994. En 1996 casou co arquitecto británico Norman Foster, co que tivo dous fillos.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elena Ochoa |