Denominación de Orixe Ribeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
D.O. Ribeiro
DO Ribeiro.svg
Industrias
108 [1]
Superficie
2 350 ha [1]
Viticultores
5 800 [1]
Produción uva
11 361 459 kg [1]
Viño cualificado
7 330 834 l [1]
Valor estimado
18 327 000 [1]
Páxina web
www.ribeiro.es
Enderezo
Salgado Moscoso 11
32400 Ribadavia.

A Denominación de Orixe Ribeiro é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. O viño que produce a zona coñécese internacionalmente como ribeiro.

Datos técnicos[editar | editar a fonte]

A denominación de orixe distribúese polos vales do río Arnoia, o Avia e Miño, co que se delimitan tres subzonas dentro da mesma denominación de orixe.

A produción de viño ocupa unhas 2.350 hectáreas e agrupa 108 adegas e Colleiteiros, nas que traballan 5.800 viticultores. A produción supera os sete millóns de litros anuais.[1]

Tipo de uva[editar | editar a fonte]

A uva admitida dentro da denominación de orixe Ribeiro é:

Tamén se produce dentro da denominación de orixe o viño tostado.

Consello Regulador[editar | editar a fonte]

A denominación de orixe é a máis antiga de Galicia, e remóntase ao ano 1932, que foi considerado con rango de lei en 1933. O Consello regulador creouse en 1956 por unha orde ministerial que foi modificada xa varias veces, a última en 2004.

O presidente do consello regulador é Miguel Ángel Viso Diéguez.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Os viños da nosa terra", separata de Faro de Vigo, 12/7/2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]