Alongos, Toén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alongos
Igrexa de San Martiño.
ConcelloToén[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°19′27″N 8°01′56″O / 42.3242455, -8.0320966Coordenadas: 42°19′27″N 8°01′56″O / 42.3242455, -8.0320966
Poboación279 hab. (2017)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Alongos é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 319 habitantes (177 homes e 142 mulleres), un menos ca en 2000. Ten dez entidades de poboación.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A casa de Saco, situada no lugar do Outeiro, é a casa natal de Juan Antonio Saco y Arce. De gran tamaño, ten a estrutura propia das casas señoriais. Tiña capela propia, portalón blasonado cun escudo partido con cimera volta á destra, coas armas dos Feijoo e dos Martínez. A casa foi construída no século XVIII por Roque Martínez, abade de Santa María de Larouco e a súa anexa Santa María de Seadur. Muros de cadeirado de peche decorados con ameas.

A Casa da Corredoira ten escudos acuartelados con armas dos Enríquez, Puga e Pereira. En 1701 eran donos desta casa Silvestre Novoa Puga e a súa esposa Isabel de Cárdenas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Alongos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Alongos no concello de Toén (Ourense)

Alongos | Barrio da Liberdade | A Corredoira | Freixendo | O Outeiro | Prado | Reguengo | Rosairo | O Santo | O Torrón

Parroquias de Toén[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Toén

Alongos (San Martiño) | Feá (Santa María) | Moreiras (San Pedro) | Mugares (Santa María) | Puga (San Mamede) | Toén (Santa María) | Trelle (Nosa Señora dos Anxos) | Xestosa (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]