Vilassar de Dalt
Vilassar de Dalt | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Maresme | |
Xeografía | ||
Altitude | 135 msnm | |
Superficie | 8,87 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 8.953 hab. (2016) | |
Densidade | 1.000 hab/km² | |
Xentilicio | Vilassarenc, Vilassarenca | |
Outros datos | ||
Código postal | 08339 | |
Alcalde | Xavier Godàs i Pérez | |
www.vilassar.cat |
Vilassar de Dalt é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada na zona interior, entre os municipios de Cabrils, Òrrius, Premià de Dalt e Vilassar de Mar, a uns 10 km de Mataró e a 20 km de Barcelona.
Historia[editar | editar a fonte]
Vilassar é un pobo milenario: o primeiro documento que o menciona data do ano 978. O pobo foi crecendo ao redor do castelo do século X e a parroquia do século XI. En 1875 un pequeno núcleo urbano de casas construídas cerca do mar sepárase e pasa a formar Vilassar de Mar, que se constitúe como pobo. Na época franquista, Vilassar de Dalt, pasou a chamarse San Ginés de Vilasar.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
---|---|---|---|---|---|---|
3.113 | 3.374 | 3.306 | 5.257 | 5.518 | 7.484 | 8.334 |
Economía[editar | editar a fonte]
O municipio caracterizouse desde antigo pola produción agrícola: horta na zona baixa; viña, alfarroba e cereal na montañosa. Os cultivos de secaño xa non existen e a floricultura segue só naquelas zonas nas que por normativa urbanística non é posible construír urbanizacións, a principal característica do Baix Maresme nas últimas décadas. A actividade téxtil, hoxe practicamente testemuñal, no pasado representou a principal fonte de traballo da poboación desde os inicios da revolución industrial ata a gran crise industrial dos anos 70, cando as fábricas empezaron un proceso de peche masivo. Esta actividade foi decrecendo en canto ao seu peso relativo, deixando paso a un sector de servizos impulsado pola urbanización do municipio, que acolleu nos últimos anos a poboación con orixe en Barcelona cidade, inicialmente como segunda residencia.
Ademais, o pobo alberga ao parque acuático Illa Fantasía, que chegou a ser o máis grande de Europa.
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
- Igrexa de Sant Genís
- Teatro La Massa
- Torre de Can Maians
- Ermida de Can Boquet
- Castelo de Vilassar
- Ermida de Sant Sebastià
- Museo Municipal de Vilassar de Dalt
- Museo do Cau del Cargol
- Asentamento neolítico da Roca d'en Toni
- Necrópole medieval
- Fornos romanos da Fornaca
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Vilassar de Dalt |