Vilanova i la Geltrú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVilanova i la Geltrú
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°13′27″N 1°43′33″L / 41.224277, 1.725905Coordenadas: 41°13′27″N 1°43′33″L / 41.224277, 1.725905
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
ComarcaGarraf Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalVilanova i la Geltrú (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación68.854 (2023) Editar o valor em Wikidata (2.025,12 hab./km²)
Número de fogares127 (1553) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie34 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude22 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónAntón Abade Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Vilanova i la Geltrú (en) Traducir Editar o valor em WikidataJuan Luis Ruiz López (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08800 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE08307 Editar o valor em Wikidata
Código territorial IDESCAT083073 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webvilanova.cat Editar o valor em Wikidata
Paseo marítimo de Vilanova

Vilanova i la Geltrú é unha cidade e municipio da provincia de Barcelona, Cataluña, España. Situado a 45 km de Barcelona e a 40 km de Tarragona, é a capital da comarca do Garraf.

Historia[editar | editar a fonte]

Conta a lenda que a vila nova naceu porque o señor feudal de Geltrú promulgou unha lei segundo a cal, cando unha moza casaba, tiña que pasar a súa primeira noite con el, e moitos geltrunenses fóronse, instalándose cerca do mar, en territorios de Cubelles, fundando a Vila Nova de Cubelles. Co tempo ambas creceron ata converterse nunha soa.

Vilanova i la Geltrú foi fundada, oficialmente, en 1274 cando o Rei Xaime I concedeulle a Carta Poboa, e ten unha longa historia que se traduce en numerosos puntos de interese cultural.

A mediados do século XVIII, cando o rei Carlos III permitiu que Vilanova comerciara con América, a cidade vive unha efervescencia económica moi importante. Un progreso que non se limita a unha acumulación de riquezas, senón que reporta un investimento en cultura. É entón cando se fundan as primeiras sociedades recreativas, lugares de encontro e distracción.

A principios do século XIX, aparecen os maxestosos xardíns de reunión dándolle un aspecto de gran cidade, alegre debido, en gran parte, ao contacto que coa illa de Cuba ía adquirindo. Este ambiente festivo e cultural xa non abandonaría a cidade, e aquilo que empezou como xardíns de esparexemento deu lugar a espazos para espectáculos permanentes e a cuberto. En 1804, Pedro Gumá erixiu o primeiro teatro de Vilanova: a Sala, un espazo de planta cadrada, con bóvedas, que servía tanto de teatro como de sala de baile.

A época dourada da cidade foi durante o Romanticismo, período que se reflicte magníficamente en edificios como o Museo Víctor Balaguer, construído polo que foi o último ministro de Ultramar español. Atopamos palacetes e mansións de interese como a Casa Renard, Foment Vilanoví, Casa Cabanyes, Casa Samà e Can Pahissa. Así mesmo destacan tamén as súas ermidas e igrexas como as de Sant Cristòfol, Sant Gervasi e Santa Maria de la Geltrú. Nesta última atópase un retablo de madeira policromada do século XVIII.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 1986 2006 2010
11.856 16.400 19.483 35.714 43.833 44.977 62.826 66.532

Comunicacións[editar | editar a fonte]

As súas comunicacións son excelentes, a C-32, coñecida tamén como a Autoestrada Pau Casals, permite unha boa comunicación coa capital catalá. Así mesmo conta cunha estación ferroviaria.

Festividades[editar | editar a fonte]

Entre as súas festas e tradicións atópase o soado Entroido, tradicional pero innovador, un entroido de sátira no que calquera famoso veciño é nomeado. Con todo, o acto máis importante deste entroido son "Lles Comparses", nas que, detrás de cada bandeira de cada asociación, desfilan parellas de mozos e mozas (máis de 50 por bandeira). Os mozos van con americana e barretina, dependendo da asociación. As mozas sempre van con mantón, caraveis e saia. Todos os mozos levan unha bolsa chea de caramelos e realizan, coas outras bandeiras que se atopan pola rúa, a batalla dos caramelos. Na praza da vila concéntranse todas as bandeiras (por antigüidade) e realízase a batalla final, mentres bailan ao ritmo de O Turuta.

No mes de agosto celébrase a Festa Maior en honra á Virxe das Neves, patroa da cidade (5 de agosto).

En canto aos seus eventos relacionados co mundo do espectáculo, o máis destacado é o Festival Internacional de Música Popular Tradicional de Vilanova i la Geltrú, que se celebra durante unha fin de semana completa de xullo. Trátase do certame máis antigo de España dedicado ás músicas do mundo ou de raíz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]