Igualada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIgualada
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°34′53″N 1°37′15″L / 41.581388888889, 1.6208333333333Coordenadas: 41°34′53″N 1°37′15″L / 41.581388888889, 1.6208333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
ComarcaAnoia Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalIgualada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación41.164 (2023) Editar o valor em Wikidata (5.081,98 hab./km²)
Número de fogares179 (1553) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie8,1 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude360 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Igualada (en) Traducir Editar o valor em WikidataMarc Castells i Berzosa (2011–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08700 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE08102 Editar o valor em Wikidata
Código territorial IDESCAT081022 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webigualada.cat Editar o valor em Wikidata

Igualada é un municipio catalán da provincia de Barcelona, capital da comarca do Anoia. Está situado a 67 km de Barcelona. En 2010 tiña 39 149 habitantes.

A súa principal actividade é a industria (téxtil, papel, pel). Tamén se caracteriza por ter a única fábrica de globos aerostáticos que existe en España (Ultramagic). Así que Igualada poderíase definir como "a cidade do téxtil, a pel e os globos aerostáticos".

Historia[editar | editar a fonte]

O topónimo procede do latín, combinando os lexemas aqua, aquae, "auga" e mais latus, lata, latum (supino do verbo fero, fers, ferre, tuli, latus, "levar"). Así o significado de Aqua Lata sería "auga levada", debido ás conducións hídricas que traían auga doutros lugares. A vila aparece citada en 1188 como Aqualatam (Cartulario de Sant Cugat, III 814). O resultado fonético sería Aigualada, con aférese do a ao ser considerada erroneamente unha preposición[1].

Inicialmente foi un pequeno núcleo de poboación apuntado en 1003, no que se fai referencia a unha igrexa dedicada a Santa María, relacionada co Mosteiro de Sant Cugat. Igualada quedou circunscrita entre os límites do dominio feudal de Ódena e os señoríos de Montbui e Claramunt, atravesada polo antigo camiño de Barcelona a Lleida.

As primeiras murallas que se coñecen datan, probablemente, do século XII, que se ampliaron no século XIV coa intención de incluír as construcións do sol poñente, o Raval de Capdevila. Unha terceira expansión das murallas levou a cabo no século XV, con 36 torres e 10 portas. Estas murallas permaneceron ata o século XVIII.

Cara a finais do século XVIII edifícanse os barrios de Sant Agustí e La Soledat, (fóra das murallas). E neste mesmo século constrúense as novas curtidorías. En 1925 Igualada amplía o seu termo municipal comprando os terreos a Òdena, o que lle permitiu unha expansión posterior. A inmigración peninsular, durante o franquismo, provocou a creación de novos barrios obreiros como o de Fátima, Santo Cristo e Montserrat.

En 1984 aprobouse o Plan Especial de Mellora Urbana (Les Comes), que propiciou unha área residencial na zona norte da cidade, aprobándose, en 1988, a súa ampliación. Nos últimos anos a cidade tamén creceu en dirección oeste coa construción das urbanizacións residenciais de Sant Jaume Sesoliveres e o Pla da Massa.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
10.442 13.885 16.945 27.941 31.451 32.516 38.164

Economía[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente a actividade principal de Igualada foi a industria téxtil, papeleira e de peles. Durante os últimos anos do século XX e inicios do XXI, o sector téxtil padeceu unha gran crise. Con todo, hai empresas de moda que acertaron coa estratexia e adaptáronse aos cambios do sector como Buff, Sita Murt, Punto Blanco, Messcalino ou Escorpión.

A tradición adobeira de Igualada converteuna nun recoñecido centro de estudos relacionados co curtido e adobe de peles, que actualmente son impartidos na Escola d'Enginyeria d'Igualada, centro universitario público adscrito á Universidade Politécnica de Cataluña. O centro ofrece tamén os graos en Enxeñería química e Enxeñaría en Organización industrial.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Cemiterio de Igualada
Paseo Mossèn Jacint Verdaguer
  • Museo da Pel de Igualada e Comarcal do Anoia
  • Museo do Traginer
  • Igrexa de Santa Maria
  • Cemiterio Novo
  • Asilo do Sant Crist
  • Edificios modernistas

Transporte[editar | editar a fonte]

A A-2 é a vía principal situada no norte que comunica Igualada en coche. Tamén no norte está a C-37 que comunica con Manresa. Ao sur atópase a C-15 que comunica con Vilafranca del Penedès. Tamén hai conexión coa Liña Llobregat-Anoia dos Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya, coa Estación de Igualada.

A dous quilómetros de Igualada atópase o Aeródromo de Igualada-Òdena General Vives, que se transformará proximamente no Aeroporto Corporativo Empresarial de aviación privada con capacidade para operar con voos de curta, media e longa distancia, na súa maioría en Europa e España. No aeródromo atópase a única fábrica de globos aerostáticos que existe en España, e a segunda do mundo por cifra de negocios: Ultramagic.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galmés de Fuentes, Á. (2000): Los topónimos: sus blasones y trofeos (la toponimia mítica). Madrid, Real Academia de la Historia. ISBN 9788489512795. Páx. 186.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]