Sant Jaume de Frontanyà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°11′20″N 2°01′33″L / 42.18889, -2.02583

Sant Jaume de Frontanyà
Bandera de Sant Jaume de Frontanyà.svg
Escut de Sant Jaume de Frontanyà.svg
Sant-Jaume-de-Frontanya.jpg
Localización
Localització de Sant Jaume de Frontanyà respecte del Berguedà.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaBerguedà
Xeografía
Altitude1.072 msnm
Superficie21,3 km²
Demografía
Poboación24 hab.
Densidade1,13 hab/km²
XentilicioFrontanyenc, frontanyenca
Outros datos
AlcaldeRamon Vilalta i Clotet (ERC)
www.santjaumedefrontanya.net
Vista aérea de Sant Jaume de Frontanyà

Sant Jaume de Frontanyà é un municipio español, da provincia de Barcelona en Cataluña. Forma parte da comarca do Berguedà e esténdese por unha superficie de 21,3 km². No ano 2010 o concello tiña 24 habitantes, sendo o concello menos poboado de Cataluña, e á súa vez da provincia de Barcelona.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
214 198 159 21 20 28 29

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Mosteiro de Sant Jaume de Frontanyà, do século XI.
  • Ermida de Sant Esteve de Tubau, de orixe prerrománica.
  • Santuario da Verge dels Oms, do século XVIII.

Política e administración[editar | editar a fonte]

Debido á súa escasa poboación funciona en sistema de concello aberto. Este pequeno concello barcelonés é coñecido tamén por ser un dos primeiros concellos que votou a favor na consulta pola independencia catalá, o 12 de decembro de 2009. O referéndum, sen validez legal algunha, foi aprobado con 18 dos votos a favor da independencia e 1 deles en contra das 19 papeletas contabilizadas.

Festividades[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]