Mura
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | provincia de Barcelona | ||||
| Comarca | Bages | ||||
| Capital | Mura | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 235 (2025) | ||||
| Número de fogares | 16 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 47,8 km² | ||||
| Bañado por | riera de Mura | ||||
| Altitude | 454 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Mura (en) | Josep Canals Palau (2023–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 08279 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 08139 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 081398 | ||||
| Sitio web | mura.cat | ||||
Mura é un concello da comarca de Bages, na provincia de Barcelona, comunidade autónoma de Cataluña, España. Mura atópase no Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira noticia que se ten da súa existencia data do ano 978. Ao redor da igrexa de San Martiño, xa documentada o ano 1088 empezaron a levantarse as primeiras casas desta pintoresca vila que aínda hoxe en día conserva todo o seu encanto medieval.
Historicamente, o traballo no campo era a principal dedicación das súas xentes; especial importancia tivo o cultivo da vide, que a partir do século desprazou as formas máis tradicionais de agricultura. Esta era unha tarefa especialmente ardua dada as características montañosas do terreo, liquidadas en parte mediante a construción de lagares entre as viñas, os cales se utilizaban para a prensa e fermentación da uva. Xa entrado o século XIX, a filoxera acabou cos viñedos e provocou un importante descenso da poboación.
Outra tarefa importante, até mediados do século , foi a elaboración de carbón vexetal, até o momento en que a enerxía eléctrica determinou a súa desaparición.
Dende entón, as súas xentes dedicáronse a outra clase de traballos en consonancia cos novos tempos. Así, instalouse unha fábrica téxtil a comezos do século XX, a cal estivo en funcionamento até o ano 1964. Loxicamente, o peche desta tivo importantes consecuencias socioeconómicas na vida da vila, determinando a emigración da poboación cara ás cidades industriais ou cara a poboacións veciñas. Dende entón, a fisionomía de Mura foise transformando até converterse nunha vila con gran número de segundas residencias, sentando as bases para unha tradición turística en potencia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mura |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en catalán)
