Manresa é unha cidade catalá da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Bages, da que é capital. Está situada no centro de Cataluña, a uns 60 km da cidade de Barcelona, marcando límite entre unha contorna industrial ao sur, e rural ao norte.
Está situada nun ángulo no que uns quilómetros máis ao sur, confluirán os ríos Llobregat e Cardener. É un importante nó de comunicacións, en especial co Eixe do Llobregat e o Eixe Transversal.
Manresa ten industrias de tecidos, fiados, química, maquinaria. Nas últimas décadas substituíu a industria polo comercio. É unha cidade cun interesante conxunto medieval, coas súas pontes sobre o río Cardener e a súa igrexa de estilo gótico (chamada Seo, en catalán Seu). Ademais tamén podemos atopar igrexas de estilo barroco así como interesantes edificacións modernistas.
Manresa está situada no centro de Cataluña. O río Cardener pasa polo suroeste da cidade, con todo o municipio utiliza, para beber, a auga do río Llobregat, que pasa polo límite leste do termo. A auga é recollida ao seu paso por Balsareny e transportada a Manresa por unha canle ata o Parque de l'Agulla.
A orografía urbana está claramente marcada pola existencia de varios cerros (Puigcardener, Puigmercadal, Puigterrà, Puigberenguer e Tossal dels Cigalons).
O territorio, dentro da conca de erosión do centro da comarca, está rodeado por unha serie de cerros marxinais de pouca elevación (Collbaix, 544 msnm; Bufalvent, 387 msnm; Montlleó, 361 msnm).
Josep Pla escribiu: Manresa as fábricas confúndense cos conventos, e os conventos coas fábricas. Ambas as cousas xa forman parte da historia.
A pesar de que as actividades industriais e servizos son os máis destacables, o sector primario non está totalmente marxinado. O regadío, que aproveita a auga da histórica canle de Manresa, dedícase, especialmente, ás verduras, legumes e froita, como tamén aos cereais, trigo, millo, patacas e forraxe. No secaño predominan os cereais e a forraxe. A gandería céntrase, especialmente, na produción do porco e bovino. A tradición industrial remóntase aos séculos medievais.
O sector terciario é moi importante, como corresponde a unha capital de comarca das súas dimensións.
A súa condición de núcleo radial de vías de comunicación é un factor relevante na actividade comercial de Manresa.