Aguilar de Segarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°45′N 1°38′L / 41.750, -1.633

Aguilar de Segarra
Escudo de Aguilar de Segarra (Barcelona).svg
Aguilar-de-Segarra.jpg
Igrexa da vila
Localización
Aguilar de Segarra en Cataluña
Aguilar de Segarra
Aguilar de Segarra
Aguilar de Segarra en Provincia de Barcelona
Aguilar de Segarra
Aguilar de Segarra
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaBages
Xeografía
Altitude480 msnm
Superficie43,3 km²
Demografía
Poboación253 hab. (2010)
Densidade5,84 hab/km²
XentilicioAguilanenc, aguilanenca
Outros datos
Código postal08256
AlcaldeValentí Riera Vilaplana (CiU)
www.aguilardesegarra.cat

Aguilar de Segarra é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Bages.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte con Sant Mateu de Bages e Fonollosa, ao leste con Rajadell, polo sueste con Castellfollit del Boix, polo sur con Rubió e els Prats de Rei, e polo oeste con Sant Pere Sallavinera, estes tres últimos da comarca do Anoia.

O núcleo de Aguilar está rodeando o barrio da estación. Outros barrios son o de Sant Miquel, o núcleo de Les Coromines e El Raval, ademais de moitas masías diseminadas.

O municipio está ben comunicado, tanto por estrada co Eix Transversal, como por ferrocarril, onde conta cunha estación no traxecto Barcelona-Lleida.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2006
523 700 492 436 225 213 250

Economía[editar | editar a fonte]

A actividade principal son os cultivos de secaño (millo, legumes, patacas, aceite, améndoa) e o gando (ovino e porcino). Antigamente facíase carbón.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Igrexa de Sant Andreu d'Aguilar
  • Castelo de Castellar
  • Castelo de Aguilar
  • Igrexa de Sant Andreu d'Aguilar
  • Igrexa de Sant Miquel de Castellar
  • Igrexa de Santa Magdalena de Còdol-rodon
  • Igrexa de Santa Maria de les Coromines
  • Igrexa de Santa Maria del Grauet

Festividades[editar | editar a fonte]

  • Pascua
  • San Miguel
  • Festa maior de Aguilar, en setembro.
  • Festa maior de Castellar, en agosto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]