Barberà del Vallès
Coordenadas: 41°30′59″N 2°7′28″L / 41.51639, -2.12444
Barberà del Vallès | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Igrexa de Santa María de Barberà. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Vallès Occidental | ||
Xeografía | |||
Altitude | 146 msnm | ||
Superficie | 8,3 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 31 688 hab. (2010) | ||
Densidade | 3 817,83 hab/km² | ||
Xentilicio | Barberenc, barberenca | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08210 | ||
Alcalde | Xavier Garcés Trillo (PSC) | ||
www.bdv.cat |
Barberà del Vallès é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Occidental.
Historia[editar | editar a fonte]
Idade Media[editar | editar a fonte]
Nun principio fundada como urbe Romana. Cara ao ano 1005, o testamento do vizconde Guitard, parente de Borrell II, que fala do castelo de Barberà, divide a propiedade entre a sede de Barcelona e a basílica barcelonesa de San Miguel Arcanxo.
Como todas as fortalezas do país, o castelo pertencía ao conde de Barcelona; a propiedade do castelo pasou aos Ribes, máis tarde aos Montcada e, para rematar, en 1599 Filipe III cedeulla como favor aos Galceran do Pinós. En 1702, Filipe V nomeou a Galcerán de Pinós primeiro marqués de Barberà.
Idade Moderna[editar | editar a fonte]
Barberà era un lugar de paso, situado no camiño real de Barcelona. En 1619 xa se construíu un caserón moi grande, con capacidade para moitos hóspedes e todo tipo de servizos: o hostal nou.
En 1750 construíronse a un só lado do camiño real casiñas en ringleira que aparecen documentadas como o Hostal Nou e as casiñas en 1782 e como o Hostal Nou e a rúa en 1796.
O segundo núcleo urbano foi Can Gorgs - Ensanche, ao redor da estación de ferrocarril e como outras poboacións veciñas converteuse en lugar de veraneo. Durante os séculos XVII, XVIII e XIX, Barberà foi a miúdo un lugar de aloxamento e de aprovisionamento para tropas de distintos bandos das guerras que se produciron (de Sucesión, da Independencia etc.).
Naqueles tempos, os habitantes vivían dos froitos da terra e dos muíños, que foron moi importantes para o desenvolvemento económico da zona. Tamén nesta época construír a igrexa románica de Igrexa de Santa María de Barberà.
Idade Contemporánea[editar | editar a fonte]
O século XIX empezou coa abolición por parte das Cortes de Cádiz primeiro (1811) e de Fernando VII despois (1822) de todo tipo de señoríos, que foron incorporados ao Estado e que eran gobernados directamente polas súas leis xerais.
A mediados do século XIX, ademais da estrada nacional, tamén a liña de ferrocarril a Sabadell atravesaba Barberà.
Barberà durante a guerra civil española mantívose fiel á República ata o día 26 de febreiro de 1939 cando un pequeno exército que entrou polo oeste desta. Foi ese día cando se colgou no concello a bandeira bicolor. Hai que destacar que unha vez ocupada polos nacionalistas, cambióuselle o nome a Sta. María de Barberà e cambiáronselle os nomes ás rúas; José Antonio, Caudillo, Primo de Rivera etc. No entanto, non foi ata o ano 1941 que a FET das JONS gobernou nesta poboación.
O ano 1959, o barrio de la Creu anexiónase a Sabadell, producindo un descenso da poboación (80%). Está anexión produciuse polo interese de Sabadell de ter máis habitantes que Terrassa, máis terreos para dar vivenda aos estranjeros e sobre todo, para aumentar a súa poboación e así obter máis axudas do Estado.
A poboación seguía crecendo, xa que ían chegando inmigrantes para traballar nas terras, nos muíños de papel ou na incipiente industria sabadellense.
En 1970 empezou a edificarse o último polígono industrial en torno ao castelo, o que proporcionou novos postos de traballo. En abril de 1979 celebráronse as primeiras eleccións democráticas en Barberà.
Presente[editar | editar a fonte]
Actualmente, Barberà del Vallès é unha cidade de máis de 30 000 habitantes. No ámbito industrial, é unha das principais cidades da comarca do Vallès Occidental, cunha división clara entre a zona urbana e a industrial.
A poboación da cidade, que maioritariamente é froito da inmigración interior de España dos anos sesenta, forma parte desta cidade, que asimila a cultura autóctona de Cataluña e fomenta o asociacionismo cultural e folclórico.
A zona deportiva, co novo complexo de Can Llobet, reúne condicións óptimas para a práctica do deporte.
En 1985 Barberà conmemorou o seu milenario, que coincidiu coa inauguración da praza da Vila.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
780 | 1 622 | 3 328 | 8 928 | 28 679 | 26 681 | 31 688 |
Economía[editar | editar a fonte]
A agricultura foi substituída rapidamente primeiro polo sector téxtil e posteriormente polo sector servizos, destacando o sector farmacéutico, como a industria Novartis, e o sector informático (Centre tecnològic).
Irmandamentos[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barberà del Vallès ![]() |