Masía Freixa
Masía Freixa | ||||
---|---|---|---|---|
Terrasa ![]() | ||||
Tipo | masía ![]() | |||
Estilo | arquitectura Art Nouveau ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Encargado por | Josep Freixa i Argemí (en) ![]() ![]() | |||
Arquitecto/a | Lluís Muncunill i Parellada | |||
Datas | ||||
Fundación | 1899 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
1905 – 1908 | reforma, Arquitecto: Lluís Muncunill i Parellada ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | Terrasa ![]() | |||
Localización | Terrasa, ![]() | |||
Código postal | 08224 ![]() | |||
Enderezo | Plaça Freixa i Argemí, 11 ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Id. IPAC | 28048 ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Masía Freixa (en catalán: Masia Freixa) é un edificio modernista da cidade de Terrasa que se atopa no parque de Sant Jordi, antigos xardíns e terreos adxacentes na masía, dentro do barrio de Ca n'Aurell. Construída en 1896, foi pensada orixinalmente como unha fábrica de fiado e foi reformada entre 1907 e 1914 por Lluís Muncunill i Parellada, que a transformou na residencia familiar do industrial téxtil Josep Freixa. O arquitecto converteuno nunha das xoias do modernismo da cidade, coa súa estrutura de arcos e voltas de inspiración gaudiniana e os muros pintados de branco, de onde sobresae unha alta torre.[1]
Durante moitos anos abeirou o Conservatorio Municipal de Música, que foi trasladado a un edificio de nova construción no Campus Universitario, no barrio do Cemiterio Vello. A día de hoxe acolle as oficinas do Valedor do Pobo e a Oficina de Turismo do Concello, alén da sede da rede de Turismo Industrial de Cataluña.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Detalle do soportal cos arcos parabólicos de portas e fiestras e o balaústres cerámicos
-
Soportal
-
Soportal e cúpula
-
Rotonda e torre
-
Pequeno soportal de entrada
-
Detalle do tellado e a torre
-
Tellado sinuoso
-
Porta de arco parabólico
-
Fiestra de arco parabólico
-
Interior, porta de arco parabólico
-
Interior da rotonda, con ventanais de arco rebaixado
-
Interior, arcos parabólicos