L'Esquirol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°02′14″N 2°22′10″L / 42.03722, -2.36944

L'Esquirol
Bandera de Santa Maria de Corcó.svg
Escut de Santa Maria de Corcó.svg
Localización
Localización de Gurb na comarca de Osona
Localización da comarca en CataluñaLocalización de Cataluña en España
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaOsona
Xeografía
Altitude693 msnm
Superficie61,8 km²
Demografía
Poboación2.168 hab. (2016)
Densidade35,4 hab/km²
Outros datos
Código postal08511
AlcaldeSebastià Riera Cusí (CiP-E)
www.lesquirol.cat

L'Esquirol (ata 2014 Santa Maria de Corcó[1]) é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Osona.

Historia[editar | editar a fonte]

Vista de L'Esquirol.

Orixinouse no século XV no camiño entre Vic e Olot. O núcleo inicial foi un hostal chamado Hostal de l'Esquirol pola presenza dun esquío (esquirol en catalán) na zona. En 1743 o nome da localidade pasou a ser Santa Maria de Corcó, polo traslado da parroquia.

No século XIX os traballadores dunha fábrica de Manlleu en folga foron substituídos por parados do concello de L'Esquirol, feito que provocou o uso do termo esquirol para referirse a quen rompe unha folga.[2]

Entre 1937 e 1939 a localidade cambiou o nome de Santa Maria de Corcó por L'Esquirol, recuperando así o nome orixinal. Entre 1939 e 2014 o nome oficial foi novamente Santa Maria de Corcó.[3]

O 23 de febreiro de 2014 someteuse a consulta manter o nome do concello ou cambialo polo de L'Esquirol. Aínda que máis do 90% dos veciños que participaron na consulta votaron a favor do cambio de nome, en principio o Concello optou por non cambialo, xa que a participación, que foi do 42% do censo, non chegara ao mínimo do 50% fixado polo consistorio como necesario para ter validez.[4] Non obstante, o 11 de marzo de 2014, o pleno do concello, con sete votos a favor e tres abstencións, optou por tirar adiante coa proposta e cambiar definitivamente o nome de Santa Maria de Corcó polo de L'Esquirol.[5] O 4 de xuño de 2014 o DOGC publicou a resolución de 28 de maio que daba oficialidade ao cambio de nome do concello.[1]

Demografía[editar | editar a fonte]

Tiña en 2016 unha poboación de 2.168 habitantes agrupados en 4 entidades de poboación:

  • Cantonigròs
  • L'Esquirol
  • Sant Julià de Cabrera
  • Sant Martí Sescorts

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de Sant Martí Sescorts
  • Codolera del Sitjar
  • Morral de Caselles
  • Puig de Caselles
  • Puigdeniu
  • Puigsespedres

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "RESOLUCIÓN GRI/1232/2014, de 28 de maio, pola que se dá conformidade ao cambio de nome do municipio de Santa Maria de Corcó, que pasa a chamarse l'Esquirol." (PDF). Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xullo de 2014. Consultado o 5 de xuño de 2014. 
  2. Ajuntament de l'Esquirol, Les terres de Cabrera i el Collsacabra
  3. "Santa Maria de Corcó non cambiará de nome pola baixa participación na consulta". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  4. 3/24 (ed.). "Santa Maria de Corcó conserva o nome malia a vitoria de l'Esquirol nunha consulta porque a participación non chegou ao 50%". Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  5. 3/24, ed. (12 de marzo de 2013). "O pleno municipal aprobo cambiar o nome de Santa Maria del Corcó por l'Esquirol" (en catalán). Consultado o 12 de marzo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]