Cabrils
Cabrils | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Maresme | |
Xeografía | ||
Altitude | 147 msnm | |
Superficie | 7,1 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 7.108 hab. (2010) | |
Densidade | 1.001,13 hab/km² | |
Xentilicio | Cabrilenc, cabrilenca | |
Outros datos | ||
Código postal | 08348 | |
Alcalde | Joaquim Colomer i Godàs (PSC) | |
www.cabrils.cat |
Cabrils é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada na zona interior, entre os municipios de Vilassar de Mar, Vilassar de Dalt, Òrrius, Argentona e Cabrera de Mar, e a uns 10 km de Mataró, capital da comarca.
Historia[editar | editar a fonte]
O lugar de Cabrils aparece documentado desde 1037, como parte da xurisdición do veciño castelo de Vilassar de Dalt ata o 1820, cando conseguiu ser municipio independente con administración propia.
Eclesiasticamente dependía de Sant Genís de Vilassar ata 1779, cando outorgan a categoría de parroquia á igrexa da Santa Creu.
A poboación foi estacionaria desde o século XIX e ata os anos sesenta, cando a función de veraneo e o aumento da construción de segundas residencias, fixeron crecer notablemente a súa poboación.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
789 | 777 | 715 | 913 | 1.504 | 4.693 | 6.834 |
Economía[editar | editar a fonte]
A economía tradicional de Cabrils baseábase na agricultura (laranxeiras e hortalizas). Actualmente xa non hai laranxas e os cultivos foron desaparecendo, en beneficio da floricultura (caraveles e rosas especialmente). Respecto da industria, a construción é o sector económico máis importante. Desde os anos 80 o crecemento de Cabrils foi notable ata converterse nunha importante poboación residencial. A edificación de urbanizacións residenciais cambiou a paisaxe do municipio aumentando a función comercial e dos servizos, sendo o segundo municipio coa renda per cápita máis alta de Cataluña con 28.300 euros.
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
- Ermida de Sant Cristòfol
- Torre de Can Vehils
- Ca l'Amat
- Can Carbonell
- Can Vives
- Mas de Baix
- Castelo de Can Jaumar
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cabrils |