Saltar ao contido

Montcada i Reixac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMontcada i Reixac
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°29′12″N 2°11′16″L / 41.486653, 2.187913
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Occidental Editar o valor en Wikidata
CapitalMontcada i Reixac (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación37.460 (2025) Editar o valor en Wikidata (1.594,04 hab./km²)
Número de fogares45 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie23,5 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porrío Besós e Río Ripoll Editar o valor en Wikidata
Altitude36 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataBartolomé Egea Sabaté (2023–) Editar o valor en Wikidata
Orzamento47.400.000 € (2025) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08110 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08125 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT081252 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmontcada.cat Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453460
O río Besòs e o Turó de Montcada, onde se asenta o concello

Montcada i Reixac é unha vila e municipio da comarca do Vallès Occidental dentro da província de Barcelona, Cataluña.

Forma parte da Área Metropolitana de Barcelona, e limita cos municipios de Barcelona, Sant Fost de Campsentelles, La Llagosta, Palau-solità i Plegamans, Santa Perpètua de Mogoda, Cerdanyola del Vallès, Santa Coloma de Gramenet, Badalona, Ripollet, Barberà del Vallès e Mollet del Vallès.

O lugar de Montcada é mencionado xa no ano 989, e a primeira testemuña do castelo de Montcada, que se alzaba no monte do mesmo nome, dominando a antiga vía romana e o camiño ral, é de 1023.

Foi o lugar de orixe da famosa familia Montcada e centro da baronía de Montcada, que en 1390 pasou a ser propiedade da cidade de Barcelona.

En 1713 o castelo de Montcada foi derribado por orde de Filipe V para evitar que os cataláns puideran volver a utilizalo contra os casteláns despois da Guerra de Sucesión.

A igrexa de Santa María de Montcada, ao lado do castelo, románica (xa mencionada en 1134), subsistíu até 1808, cando foi derribada polas tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia española.

Do termo de Montcada derivaba a auga do Besòs cara ao famoso rego Comtal, que alimentaba os muíños de Barcelona. No século XV eran coñecidos os oficios de curtir as peles e traballar o vidro, que aproveitaban a abundancia de auga no municipio; dos séculos XVI e XVII consta a fabricación de papel. A inicios do século XX as augas de Montcada proviñan do antigo pobo de Sant Andreu de Palomar e, en parte, de Barcelona. A función de lugar de veraneo da burguesía barcelonesa que fora adquirindo desde o século XIX foi completamente freada pola instalación da fábrica de cemento Asland, en 1917, que marcou o inicio da industrialización do municipio.

Desde os anos 1950 foi afectada pola onda inmigratoria da rexión de Barcelona, que desbordou a vila e motivou a creación de novos núcleos, o crecemento doutros e a perda da vida tradicional da vila.[Cómpre referencia]

Entre 1950 e 1960 houbo un novo grande impulso industrial (talleres mecánicos, pequenas e medianas industrias), continuado na década seguinte con novas fábricas, como Levivier, Bosuga, Ignis ou Prebetong.

Á esquerda do río Besòs, na zona máis montañosa, encóntranse os lugares de Reixac e La Vallençana, integrados no barrio de Montcada, pequeno núcleo residencial e de veraneo.

Demografía

[editar | editar a fonte]

O concello ten unha superficie de 23,34 km². En 2025 tiña unha poboación de 37.460 habitantes. A súa densidade ascendía a 1.594,04 hab/km².

Evolución demográfica
190019301950197019812000 20082009 2025
1.7106.5138.65622.46225.58227.952 32.75033.453 37.460

O municipio está formado polos seguintes barrios e lugares:

Barrio Habitantes (2024)
Can Cuiàs 3.064
Can Sant Joan 5.344
Mas Rampinyo 12.131
Montcada i La Vallençana-Reixac 13.139
Terra Nostra

(Santa María)

3.418
Fonte: IDESCAT

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía tradicional de Montcada i Reixac baseouse sempre na agricultura: viña, trigo, patacas, fresa e árbores froiteiras. En 1917 produciuse unha importante industrialización coa instalación de diversas empresas, entre as que destacou a fábrica de cemento Asland.

O río Besòs en Montcada i Reixac

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

Montcada i Reixac establéceuse como un nó ferroviario polo que transcorren tres liñas. A cidade ten cinco estacións de ferrocarril en activo (Montcada Bifurcació, Montcada i Reixac-Manresa, Montcada i Reixac Santa Maria, Montcada-Ripollet e Montcada i Reixac). Dende 2003 existe tamén unha estación da Liña 11 do Metro de Barcelona no lugar de Can Cuiàs.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]