Sant Andreu de la Barca
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 41°26′52″N 1°58′37″L / 41.44778, -1.97694
Sant Andreu de la Barca | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Baix Llobregat | ||
Xeografía | |||
Altitude | 42 msnm | ||
Superficie | 5,53 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 26.682 hab. (2010) | ||
Densidade | 4.824,95 hab/km² | ||
Xentilicio | Santandreuenc, santandreuenca | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08760 | ||
Alcalde | Manel Enric Llorca i Ibáñez (PSC) | ||
www.sabarca.cat |
Sant Andreu de la Barca é un municipio da provincia de Barcelona (Cataluña, España). Situado na comarca do Baix Llobregat, forma parte do área metropolitana de Barcelona. É sede da Comandancia da Garda Civil de Barcelona.
Historia[editar | editar a fonte]

Vista de Sant Andreu de la Barca desde Can Perera (el Papiol)
Os restos arqueolóxicos iberos e romanos achados en diversos lugares do municipio testemuñan que esta zona foi habitada permanentemente na antigüidade. Non se acha constancia escrita da poboación ata o ano 1109.
Foi eminentemente agrícola ata os anos 1950, transformándose nunha cidade industrial sobre todo a partir dos anos 1970, cando a poboación aumentou fortemente grazas á inmigración andaluza.
Demografía[editar | editar a fonte]
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
814 | 1.008 | 886 | 4.870 | 13.085 | 20.140 | 26.752 |
Monumentos[editar | editar a fonte]
- Igrexa parroquial e campanario (zona vella). Datada en 1501, foi reformada no século XIX e tras a Guerra Civil.
- Ermida de Santa Madrona (El Palau).
- Torre-muíño Pedemonte (La Solana), que aloxa unha gardería municipal.
- Can Preses e Can Archs (El Palau), masías do século XV.
- Praza de Font da Roda (zona vella).
- Casas modernistas da rúa Joan Bosch (zona vella).
Localidades irmandadas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio oficial do concello (en catalán)
- Televisión local de Sant AndreuArquivado 28 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (en catalán)
- Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)