Montornès del Vallès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Montornès del Vallès
Bandera de Montornès del Vallès.svg
Escut de Montornès del Vallès.svg
Montornès del Vallès.jpg
Montornès visto desde o monte Montcau
Localización
Localització de Montornès del Vallès respecte del Vallès Oriental.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaVallès Oriental
Xeografía
Altitude116 msnm
Superficie10,2 km²
Demografía
Poboación16.192 hab. (2012)
Densidade1.587,45 hab/km²
Xentiliciomontornesenc, montornesenca
Outros datos
Código postal08170
www.montornes.cat

Montornès del Vallès é un concello catalán localizado na provincia de Barcelona. Forma parte da comarca do Vallès Oriental.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Esténdese polo val baixo do río Mogent, ata preto da súa confluencia co río Congost para formar o Besòs. Estes dous ríos forman, en parte, o límite do concello polo oeste. O sector sueste é o máis montañoso cos últimos contrafortes da Cordilleira Litoral, co turó de Sant Miquel de Montornès, de 413 metros, como máxima cima.

Historia[editar | editar a fonte]

Procuras arqueolóxicas confirmaron a presenza na zona de asentamentos neolíticos (xacemento de Joca, cistas da Torrassa etc.), iberos (poboado do outeiro do castelo de San Miguel) e romanos (fortaleza militar de Can Ródano, Terrminus Augustalis e restos de vilas en Can Masferrer, Can Palau e a Torrassa).

En 1109 aparece documentado o castelo de Montornès como castrum de monte tornuos, que foi propiedade condal ata que en 1342 Pedro IV de Aragón vendeuno aos Montornès, señores feudais da Torre Tavernera. Parece ser que o pobo, naquel entón un conxunto disperso de casas familiares, cambiou a súa denominación antiga de Palau d'Ametlla pola de Montornès.

Como municipio formouse a partir do século XIX ao redor da igrexa parroquial de Sant Sadurní, que, xuntamente coa parroquia de Vallromanes, formou o termo municipal de Castell de Montornès. Posteriormente pasou a chamarse Sant Miquel de Montornès.

En Montornès tivo lugar a derradeira batalla da Guerra dos Remensas, o 4 de xaneiro de 1485. O vigairo de Barcelona Antoni Pere de Rocacrespa foi derrotado polos campesiños revoltados liderados por Bertomeu Sala, nado en Montornès e sobriño do caudillo remensa Pere Joan Sala. A vitoria comportou, meses máis tarde, a liberación dos campesiños do dominio feudal exercido pola nobreza terratenente, coa promulgación da Sentenza Arbitral de Guadalupe, que establecía as bases do progreso social da época moderna.

Posteriormente o concello mantivo a súa vida agrícola, só alterada pola Guerra dos Segadores, a Guerra de Sucesión, o bandoleirismo, a Guerra da Independencia e a Guerra Civil Española.

En 1933 separouse do termo a localidade de Vallromanes.

En 1940, acabada a Guerra Civil, Montornès tiña pouco máis de mil habitantes. Non foi ata 1964 cando comezou unha gran transformación. Esta chegou coa inauguración do polígono industrial Riera-Marsà, promovido polo propietario de boa parte da chaira do río Mogent. Construíronse fábricas e as primeiras vivendas da Cidade Satélite, complexo situado a un quilómetro do centro urbano.

Seguidamente houbo unha chegada masiva de inmigrantes procedentes do sur de España que fixeron aumentar considerablemente a poboación do concello. O traballo no campo foi sendo substituído polas actividades de produción e servizos.

En 1984 o sector chamado popularmente El Raval segregouse do termo xuntamente cunha parte do concello de La Roca del Vallès, formando un novo municipio independente: Vilanova del Vallès.

Desde entón o concello non deixou de facer crecer a súa industria. A poboación continuou aumentando grazas á chegada de inmigrantes de todo o mundo.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1920 1940 1960 1981 2000 2012
1.044 1.169 1.011 1.402 10.128 12.426 16.222

Festividades[editar | editar a fonte]

A festa maior de Montornès celébrase a terceira fin de semana de setembro. Dos diferentes actos que comezan o venres pola noite e acaban o luns seguinte, cabe destacar a cremada de l'Ajuntament (queima do concello) e o ball de la batalla (baile da batalla).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]